Amosando publicacións coa etiqueta Investigación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Investigación. Amosar todas as publicacións

sábado, 27 de novembro de 2021

Novembro, mes da ciencia


A Toupiciencia. A xanela do maxín.



Neste mes da ciencia, o PORTAL DA LINGUA GALEGA, ofrécenos unha miniserie audiovisual de divulgación científica en galego dirixida á infancia, con 8 episodios de 3 minutos de duración cada un. 

Toupiña e outros monicreques descubrirán o mundo da ciencia a través de curiosidades sobre astronomía, a física, a bioloxía, a química ou as matemáticas. 

A biblioteca de FAIUCO, comparte esta iniciativa. Gozemos da ciencia e os seus coñecementos!


sábado, 13 de novembro de 2021

Ciencia, xogo e creación


No mes da ciencia, o noso alumnado sigue experimentando e descubrendo novas aprendizaxes!

En 5º Infantil, uns poucos ingredientes...




en 1º e 2º de primaira, como funciona o aparato respiratorio?




todos uns expertos e unhas expertas!

luns, 8 de novembro de 2021

Experimentos en infantil!


 para conmemorar o mes da ciencia, na clase de 5 anos coñeceron algunhas das mulleres científicas máis importantes da nosa historia. tamén se converteron en científicos e científicas facendo dous experimentos moi sorprendentes!

Cantas risas!




xoves, 4 de novembro de 2021

Ciencia e experimentos dende o MHN

 

Dende o Museo de Historia Natural da USC, achégannos unha morea de experimentos e actividades relacionadas coa ciencia. Durante a pandemia aportaron a súa colaboración con obradoiros dirixidos aos nenos e nenas e ás súas familias. 
Neste mes da ciencia o noso cole considera axeitado pólos a disposición das familias e do profesorado.

"investigar, Experimentar, aprender por descubrimento, é unha das metodoloxías didácticas máis axeitadas."


Actividade 1- Os caracois

Actividade 2- Plastilina bideodegradable

Actividade 3- A manzá reveladora de suciedade

Actividade 4- Pintura de mans bideodegradable

Actividade 5- Unha pegada única resolverá o enigma

Actividade 6- Rastreando a natureza


 Hai máis de 30 actividades!! Neste enlace atoparás as restantes:                                     

Obradoiros MHN


Novembro, Mes da Ciencia en Galego




Dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o Mes da ciencia en galego nas bibliotecas.
Este ano iníciase co manifesto de Amparo Alonso Betanzos, profesora, enxeñeira química e investigadora en intelixencia artificial. A autora salienta que:
 

"... a ciencia é o piar do benestar social e económico, o coñecemento xera persoas e sociedades máis libres e críticas e as bibliotecas son, en parte, as gardas dese coñecemento. Que máis necesitamos para gozalas?"


venres, 25 de novembro de 2016

Compartindo o aprendido!



Despois de varias semanas investigando sobre o Sistema Solar, os nenos e nenas do colexio xuntáronse nun marco incomparable para compartir os seus coñecementos.

mércores, 15 de xuño de 2016

Investigamos o Sistema Solar!


Fai un tempo chegounos unha carta de Faiuco. Nela propúxonos a misión de investigar por cursos algúns dos elementos máis importantes do noso sistema solar, como os planetas, o Sol, a Lúa... ademais de organizar unha exposición para compartir a información con todos os compañeiros e compañeiras do cole. Así que puxémonos mans á obra. Dito e feito!