luns, 20 de xuño de 2022

Recomendacións para o verán!



Uns dos obxectivos do noso Plan de Lectura é contribuír á formación lectora de noso alumnado. Neste sentido, Faiuco recoméndanos  lecturas moi interesantes para este verán.
Non deixedes de ler e desfrutar da maxia dos libros! 

felices vacacións!






 

Proxecto Digicraft!


 Nesta actividade, o alumnado de 3º e 4º, usaron o detector de sons fortes para que Zowi actuase como un dado electrónico. Despois, xogamos a programalo para que chegase a un punto determinado.





mércores, 15 de xuño de 2022

Festa dos Maios - III parte -



 

Gañadores do Concurso de coplas dos Maios 2022
1º e 2º curso de Educación Primaria
 e 5º curso de Educación Infantil 


 
 
 Os de primeiro e segundo
do Virxe do Corpiño
estamos moi contentos
coma os paxaros do Miño.
 
O día 31 de maio
a este maio imos cantar 
agardamos que vos guste
e vos faga desfrutar. 

 
 
 
Aquí estamos os de cinco
festexando cun brinco
que o inverno xa marchou
a xogar ao soliño me vou. 

 




PARABÉNS!



A nosa biblioteca #construímolaentretod@s!

  

Os voluntarios da nosa biblio, alumnado de 5º e 6º curso, foi agasallado pola súa labor. Sen dúbida unha labor necesaria para poder reorganizar a nova "Casiña de Faiuco!




 MOITÍSIMAS GRAZAS!


"Cadea de brincadeiras"

 

 

 

Faiuco pensaba que a cadea rematara, pero non...

 chegou o vídeo de Matías de 4 anos de Educación Infantil! 

E o fixo así de ben!

 


Graciñas Matías!

 

martes, 14 de xuño de 2022

Festa dos Maios - II parte -

 

Na clase de Música, tamén festexaron os maios!

 
 

 

Os peques de 3 anos cantaron a súa copla. O fixeron así de ben!



e en 1º e 2º tamén! 

 



mércores, 8 de xuño de 2022

A "Casiña de Faiuco"



#construímolaentretod@s

A nova "Casiña de Faiuco", necesita dos aportes de toda unha comunidade educativa.
Tivemos a sorte de contar con alumnado voluntario, coas familias e cun equipo de biblioteca moi involucrado, en prol dunha escola inclusiva e de calidade. 

Alumnado voluntario de 5º e 6º





Toño e a súa creación para reutilizar os libros do expurgue.

 


Aníbal e a súa arte co mural.
 




E un equipo de biblioteca estupendo!

Graciñas a tod@s por voso
tempo e dedicación!

 

martes, 7 de xuño de 2022

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

 O noso PDI está chegando ao final!

Na hortiña de Faiuco, xa hai novidades!

Os nosos alumnos e alumnas cóntannos todo o que aprenderon. Se Clicades en "Actividades", no Índice  atoparedes a actividade O que aprendimos! Podedes velo alí!



Actividades do 5 de xuño


 #unha soa terra

 

Na clase de 5 anos, lemos o conto "Unha árbore" para conmemorar o Día do Medio ambiente. Descubrimos canto ben nos fan as árbores e que importante é coidalas!


 
 

Despois animámonos a representar o conto con marionetas e este foi o resultado!

 

Qué ben o pasaron!

 

Os nenos e nenas do grupo de 1º e 2º, na clase de Ciencias Naturais, reutilizaron botellas de plástico para crear a súas propia maceta e con elas aprenderon a xerminar fabasa empregando o método do algodón. Agora só falta esperar uns días!

 


 parabéns!




domingo, 5 de xuño de 2022

5 de xuño - Día Mundial do Medio Ambiente -

 Como cada 5 de xuño desde 1979, celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, que se converteu na plataforma mundial máis grande para a divulgación pública ambiental que celebran millóns de persoas ano a ano.


Amorodos da nosa horta.
 
 
Dirixido polo o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), este día é unha das datas máis importantes do calendario das Nacións Unidas. Esta organización,  marcou como obxectivo principal deste día a sensibilización ambiental, lograr motivar á poboación mundial a ser parte activa do desenvolvemento sostible e do coidado do noso planeta.
 
O tema central deste ano é  #UNHA SOA TERRA  
 
Preténdese visibilizar a emerxencia que afronta o noso planeta referida ao clima. A aceleración do quecemento global impacta na perda do hábitat de máis dun millón de especies, atopándose en perigo de extinción. 
 
Unido a iso, a contaminación ambiental tamén impacta de maneira negativa no aire, na terra e na auga.  
 
Dende as nosas aulas, intentamos concienciar a noso alumnado da necesidade de coidar a Terra e facer xunt@s que a vida sexa máis sostible. 
 
 
 

 
 
Se queredes saber máis? 
No seguinte enlace encontraredes información. 
 
 
 


mércores, 1 de xuño de 2022

Plataforma dixital E-ELBE.2

Como comunicamos anteriormente, xa está a servizo da comunidade educativa a biblioteca dixital. lembrar que "a condición de usuario pasará pola obtención do preceptivo carnet de usuario da biblioteca".