Amosando publicacións coa etiqueta Espazo Maker. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Espazo Maker. Amosar todas as publicacións

xoves, 20 de abril de 2023

PROXECTO DIGICRAFT: ENTRENANDO UNHA INTELIXENCIA ARTIFICIAL.

     

   As nenas e nenos de 6º aprenderon como funciona unha intelixencia artificial que identifica debuxos. Ademais, buscaron imaxes con licenza Creative Commons en Internet, para adestrar a unha intelixencia artificial propia para recoñecer debuxos de gatos e mazás.


venres, 10 de marzo de 2023

PROXECTO DIGICRAFT: INDIANA...BOT.

       

O grupo de 6º segue traballando coa robótica. Nesta actividade descubriron algúns dos compoñentes habituais dun robot. Posteriormente, deseñaron e recorreron un circuíto, empregando distintos materiais reutilizables a modo de obstáculos que sortearon controlando o Sphero mini.


                               





xoves, 23 de febreiro de 2023

PROXECTO DIGICRAFT: DE AQUÍ A HOLLYWOOD.


O alumnado de 6º creou unha bonita historia -con final feliz- sobre animais abandoados coa axuda do seu elemento favorito do kit Digicraft: o robot Zowi.


                                  





luns, 20 de xuño de 2022

Proxecto Digicraft!


 Nesta actividade, o alumnado de 3º e 4º, usaron o detector de sons fortes para que Zowi actuase como un dado electrónico. Despois, xogamos a programalo para que chegase a un punto determinado.





mércores, 11 de maio de 2022

SuperReto Digicraft

 Como anunciaramos, o alumnado de 3º e 4º, xunto a súa titora, a coordinadora do proxecto e o director do centro, acudiron  ao 

I Congreso da innovación educativa e dixital -Dixinova 2022-

Presentaron o seu proxecto ao xurado, compartiron obradoiros de robótica, programación e realidade aumentada, e asistiron a unha charla con David Aguilar @handsoloofficial. Escoitaron en primeira persoa, a súa historia de superación e como construíu a súa propia prótesis con pezas de Lego. Todo un exemplo!







Unha gran experiencia! 

Parabéns a todo o grupo polo seu traballo!



xoves, 5 de maio de 2022

E mentres tanto...


 Digicraft Pescavirus!


Remataron o itinerario traballando a seguridade nos nosos dispositivos informáticos pescando virus. Parece doado pero tiveron que ter coidado de non pescar tamén as aplicacións!




domingo, 27 de marzo de 2022

Espazo Maker - Proxecto Digicraft -

 En 4º curso, iniciámonos na Robótica creando os nosos propios robots con materiais de refugallo e programándoos mediante tarxetas de movemento.




luns, 31 de xaneiro de 2022

No Espazo Maker

Os nenos e nenas de de 1° e 2°, viaxaron polo mundo, cruzaron o Atlántico e chegaron a México para descubrir a historia e obra da pintora latinoamericana máis recoñecida pola arte, Frida Khalo. 




A través dun código QR visitaron o seu museo e descubriron as súas obras.




Coñecérona un pouco máis
 




E compartiron o libro da súa bibliografía na mochila viaxeira.
 
 



venres, 21 de xaneiro de 2022

Espazo Maker


Proxecto Digicraft


Axudamos a Patatín a atopar as cores duns obxectos que un malvado mago agochou en palabras de varios idiomas.
Foi un verdadero reto empregar unha aplicación para traducir as palabras con realidade aumentada e averiguar a cor correcta de cada obxecto.