Como anunciaramos, o alumnado de 3º e 4º, xunto a súa titora, a coordinadora do proxecto e o director do centro, acudiron ao
I Congreso da innovación educativa e dixital -Dixinova 2022-
Presentaron o seu proxecto ao xurado, compartiron obradoiros de robótica, programación e realidade aumentada, e asistiron a unha charla con David Aguilar @handsoloofficial. Escoitaron en primeira persoa, a súa historia de superación e como construíu a súa propia prótesis con pezas de Lego. Todo un exemplo!
Unha gran experiencia!
Parabéns a todo o grupo polo seu traballo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario