domingo, 26 de febreiro de 2023

#8M

  

O día 8 de marzo, celébrase o Día Internacional da Muller, un día adicado á loita pola igualdade, a participación e ao empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade. 

A forza que consigue un movemento de mulleres en todo o mundo traspasa fronteiras e diferenzas culturais, económicas e ideolóxicas. 

Este ano, queremos reinvindicar o labor da muller do rural. Porén, Faiuco lanza esta proposta:





Clicade na imaxe!


Esperamos a vosa participación!


venres, 24 de febreiro de 2023

"Un entroido moi concienciado"

 

 O venres foi o gran día do ENTROIDO na nosa escola! Desfilou o alumnado, o profesorado e as familias nunha festa chea de cor e ledicia.

AS familias traballaron con esforzo e dedicación para facer as carrozas coa temática de cada grupo. 

Nós cumprimos co obxectivo previsto, transmitir a comunidade de Begonte, a nosa preocupación pola non contaminación das nosas augas e a necesidade de poñernos en marcha en prol da sustentabilidade de noso planeta. 

 Cada grupo identificábase cun animal acuático, peixes, estrela do mar, medusas...

Pero, cal é a realidade das augas do noso planeta? 

Descubriron que a gran maioría están contaminadas (refugallos, anacos de plásticos, produtos químicos...) e esa contaminación a sufren os animais de ríos e mares. Así poideron investigar e comprobar nas distintas tarefas que levaron a cabo nas aulas, adaptadas a cada grupo e nivel.

En liñas xerais, chegaron a conclusión que para evitar a contaminación das nosas augas debemos: 

Reducir o consumo de plásticos.

Reducir o uso de aceites e baterías.

Reducir o uso de químicos no fogar.

Consumir máis vegetais que produtos animais.

Consumir alimentos da agricultura ecolóxica.

Rexiclar, desechar correctamente os residuos.

 

 Para visibilizar esta problemática mundial, os nenos e nenas pegaron nos seus disfraces aqueles contaminantes que non debemos tirar nas augas.Toda a comunidade educativa uniouse a nosa proposta! 

 

 
 



 

Un entroido con conciencia ecolóxica!



xoves, 23 de febreiro de 2023

PROXECTO DIGICRAFT: DE AQUÍ A HOLLYWOOD.


O alumnado de 6º creou unha bonita historia -con final feliz- sobre animais abandoados coa axuda do seu elemento favorito do kit Digicraft: o robot Zowi.


                                  





martes, 21 de febreiro de 2023

#11F Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia - PDI "Faiuco e o coidado da hidrosfera"-

 

   O 1 de febreiro celébrase esta iniciativa cidadá para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia a través de distintas actividades. O  fin é visibilizar o traballo das mulleres que se dedican ás áreas STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics), creando así, referentes femeninos que poidan contribuír á elección destas áreas como carreiras profesionais. 

   O alumnado do noso centro, investigou distintas científicas relacionadas co noso Proxecto Documental Integrado "Faiuco e o coidado da hidrosfera".

   Os nenos e nenas de EI, convertéronse en buzos e paleontólogos despois de estudar as dúas mulleres científicas: Sylvia Earle, activista en defensa dos océanos, e Mary Anning, paleontóloga.










   En 1º e 2º curso, investigaron a María Soledad Izquerdo López, bióloga española, doctora en ciencias pesqueras. 





   En 3º e 4º investigaron distintas científicas relacionadas co coidado da hidrosfera. e compartiron o seu traballo co resto do alumnado. 





   En 5º e 6º curso, andiveron a investigar "exploradoras mariñas" como Petra Deimer Schütte e Cindy Lee Van Dover.







   Todos os traballos quedan expostos no corredor da biblioteca para a exposición de fin de curso. 





domingo, 5 de febreiro de 2023

Os pequen@s contacontos!

A "cadeira vermella" está de parabéns con tantos pequenos narradores de historias!

Nestes días, bruno de 3 anitos




E sofía da aula de 5 anos!




E no mes de xaneiro, Samuel e Sara!



Que ben o fixeron!


xoves, 2 de febreiro de 2023

30X Día da Non Violencia e a Paz

 Baixo o lema "Coa PAZ coseguiremos un mundo mellor", o alumnado da nosa escola reflexiounou sobre as diferenzas e a convivencia pacífica a través de distintas actividades que se recolleron no mural da escola. 




En 5º e 6º curso de EP, investigaron sobre o "pez da paz", nunha época símbolo da non violencia en pobos europeos. Compartiron as súas investigacións no mural e cun podcast.






Os máis peques traballaron sobre os contos "Nadarín" de Leo Lionni e "O peixe Arcodavella" de Marcus Pfister. Descubriron así, que é un "banco de peixes". Na área de Relixión, reflexionaron sobre a convivencia e na área de inglés, traballaron "palabras solidarias" a través de distintas actividades plásticas que se recolleron no mural.










Na xornada de cine na Casiña de Faiuco, este mes, coincidendo co Día da Non Violencia e a Paz, despois do visionado de distintos cortos, reflexionaron sobre algunhas cuestións como que todos somos diferentes e iso é o que nos fai únicos, a importancia da colaboración, a comunicación e non empregar ningún tipo de violencia ante os conflictos que poidan xurdir. 









Os voluntarios da nosa biblioteca, como en cada sesión de cine, encargáronse das entradas e da supervisión da xornada (vídeo no instagram da biblio).










mércores, 1 de febreiro de 2023

PDI "Faiuco e o coidado da hidrosfera" Despois da lectura, toca experimentar!

 

 As nenas e os nenos da clase de 4 e 5 anos tiveron a visita de María, nai de Martiño e Sabela, que nos veu a contar  "La pandilla de los 11", de Rocío bonilla. unha historia duns peixiños que nos fala da amizade e do respeto. 

 

 
 
 Despois, fixemos un divertido experimento sobre a contaminación dos mares e ríos; en relación con noso Proxecto Documental Integrado.

Aprendimos que non se pode tirar o aceite polo fregadero xa que flota na auga e impide que chegue a luz do sol aos peixes; polo que é moi perxudicial para os animais mariños!

 

 

Outra maneira de aprender! Distintos medios e distintas linguaxes

 

 Moitas grazas María!

Aprendimos e divertímonos moito!