xoves, 2 de febreiro de 2023

30X Día da Non Violencia e a Paz

 Baixo o lema "Coa PAZ coseguiremos un mundo mellor", o alumnado da nosa escola reflexiounou sobre as diferenzas e a convivencia pacífica a través de distintas actividades que se recolleron no mural da escola. 




En 5º e 6º curso de EP, investigaron sobre o "pez da paz", nunha época símbolo da non violencia en pobos europeos. Compartiron as súas investigacións no mural e cun podcast.






Os máis peques traballaron sobre os contos "Nadarín" de Leo Lionni e "O peixe Arcodavella" de Marcus Pfister. Descubriron así, que é un "banco de peixes". Na área de Relixión, reflexionaron sobre a convivencia e na área de inglés, traballaron "palabras solidarias" a través de distintas actividades plásticas que se recolleron no mural.










Na xornada de cine na Casiña de Faiuco, este mes, coincidendo co Día da Non Violencia e a Paz, despois do visionado de distintos cortos, reflexionaron sobre algunhas cuestións como que todos somos diferentes e iso é o que nos fai únicos, a importancia da colaboración, a comunicación e non empregar ningún tipo de violencia ante os conflictos que poidan xurdir. 









Os voluntarios da nosa biblioteca, como en cada sesión de cine, encargáronse das entradas e da supervisión da xornada (vídeo no instagram da biblio).










Ningún comentario:

Publicar un comentario