Amosando publicacións coa etiqueta 30X Día da Non Violencia e da Paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 30X Día da Non Violencia e da Paz. Amosar todas as publicacións

luns, 3 de febreiro de 2025

Día da paz e a non violencia

 Na área de Relixión, todo o alumnado, colaborou na elaboración dun mural moi vistoso😍

Nel traballaron coa receita para a paz, facendo alusión á tolerancia, respecto, axuda, empatía, comprensión, amor, paciencia... como "ingredientes clave" para logar unha mellor convivencia.

Do mesmo xeito, os máis pequenos, fixeron que da árbore da vida brotara o amor, que precisa de moitos coidados para que sigan crecendo os froitos da alegría e o respecto.

A modo de caligrama, para conmemorar o día da escritura a man, escribiron tanto a receita para a paz, nun mandil, como no tronco da árbore algún verso sobre os valores da vida.


Fantástico traballo!


xoves, 30 de xaneiro de 2025

Día da paz e da non violencia

  "O camiño cara a paz comeza pola alimentación"

o 30 de Xaneiro celebramos o día da non violencia e a paz, defendendo unha educación inspirada nunha cultura pacífica para que o noso alumnado adquira coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns críticos e comprometidos.

A Axenda 2030 plantea 17 obxectivos para transformar o mundo, no que escola ten un papel fundamental.

Un mundo 🌎 no que a pobreza, a fame, a falta de conciencia no consumo responsable, as desigualdades, as guerras, as tensións entre comunidades...están á orde do día, non será nunca PACÍFICO.

O noso alumnado fixo unha reflexión moi interesante, enmarcada no noso proxecto " Oído Cociña" 🍴




Camiñamos cara a paz!!



xoves, 8 de febreiro de 2024

30X Día Escolar da Non Violencia e da Paz


Actividades ao longo de toda a semana

👀Visionado do film "Mi vecino Tororo" de Hayao Miyazaki.

👀Traballo de reflexión nas aulas en relación ao film, ao noso Proxecto Documental Integrado (Luces, cámara, acción... rodamos con Faiuco!) e á vida en convivencia.

👀En Inglés traballaron o son "Ommmmm", símbolo da Paz que procede do hinduísmo e representa o son do Universo. 

👀En Relixión, "chuvia de estrelas" co conto "O Rey que bordaba estrelas de Ernesto Rodrigo Abad.




Traballo multidisciplinar cun producto fina e unha mensaxe en común "A importancia de vivir en harmonía".


xoves, 2 de febreiro de 2023

30X Día da Non Violencia e a Paz

 Baixo o lema "Coa PAZ coseguiremos un mundo mellor", o alumnado da nosa escola reflexiounou sobre as diferenzas e a convivencia pacífica a través de distintas actividades que se recolleron no mural da escola. 




En 5º e 6º curso de EP, investigaron sobre o "pez da paz", nunha época símbolo da non violencia en pobos europeos. Compartiron as súas investigacións no mural e cun podcast.






Os máis peques traballaron sobre os contos "Nadarín" de Leo Lionni e "O peixe Arcodavella" de Marcus Pfister. Descubriron así, que é un "banco de peixes". Na área de Relixión, reflexionaron sobre a convivencia e na área de inglés, traballaron "palabras solidarias" a través de distintas actividades plásticas que se recolleron no mural.










Na xornada de cine na Casiña de Faiuco, este mes, coincidendo co Día da Non Violencia e a Paz, despois do visionado de distintos cortos, reflexionaron sobre algunhas cuestións como que todos somos diferentes e iso é o que nos fai únicos, a importancia da colaboración, a comunicación e non empregar ningún tipo de violencia ante os conflictos que poidan xurdir. 









Os voluntarios da nosa biblioteca, como en cada sesión de cine, encargáronse das entradas e da supervisión da xornada (vídeo no instagram da biblio).










martes, 15 de febreiro de 2022

30 de Xaneiro


 - DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ -

Parte III


Listo o vídeo de conmemoración do Día da Non Violencia e da Paz. Ou alumnado da nosa escola interpretou  baixo a dirección do " profe Eli" o tema "Unha mensaxe ao mundo". 



Que ben o fixeron!


    


luns, 7 de febreiro de 2022

30 de xaneiro


- DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ -

Parte II



Grupo mixto de 1º e 2º curso


Grupo mixto de 3º e 4º curso


5º curso


6º curso