Para rematar este curso a Casiña de Faiuco organizou un mercado con distintos postos para mostrar o resultado do traballado durante o curso 😊
Unha exposición moi visual e atractiva na que o alumnado foi o protagonista das explicacións, con moito orgullo cada grupo de nenos e nenas expuxo diante das familias as achegas do PDI " Oído Cociña!"
Pero antes... pinchade no seguinte vídeo porque tedes que coñecer que é o que dixeron os nosos nenos e nenas sobre a temática do proxecto, aló polo mes de outubro.
🔊🔊🔊
👏👏👏👏👏👏
Agora si!!
A que conclusións chegamos? pois só hai que ir a cada posto do mercado para coñecelo.
Moitas gracias a todos os nenos e nenas pola súa implicación e colaboración neste proxecto. Tamén agradecer ás familias por permanecer sempre ao noso carón 💗
Dentro do noso proxecto, Oído cociña! coñecemos o proceso de elaboración de moitos alimentos e incluso traballamos arreo para conseguir na Hortiña de Faiuco ricas verduras.
Por iso, formar parte do proceso de elaboración do queixo axudounos a:
📌 Achegarnos á ciencia, é un proceso químico.
📌Vivenciar unha nova experiencia sensorial.
📌Reforzar conceptos como os alimentos derivados do leite ou recoñecer a importancia dos lácteos na nosa dieta.
📌 Elaborar unha receita, paso a paso.
📌Coñecer un novo ingrediente, o callo.
Velaquí as fotos do obradoiro.
Graciñas Maria, nai de Martiño e Sabela, por vir compartir con nós esta xornada!!
Xa temos listos os nosos bancais para continuar coas labores na Hortiña de Faiuco 🙉
O noso proxecto " Oído Cociña!" require dun traballo menucioso na horta pois, os alimentos na cociña teñen que ser da mellor calidade posible👌
Os nenos e nenas neste proxecto transversal da horta adquiren valores de responsabilidade, conciencia ecolóxica, traballo en equipo, desenvolvemento de múltilples habilidades...non só é plantar verduras ou froitas senón conectar ao alumnado cos procesos naturais, respectar os tempos da terra e valorar a nosa contorna.
Neste espazo de encontro o noso alumnado fixo diversas plantacións: fresas, chícharos, leitugas e xudías.
Celebramos a semana do libro con moita creatividade e un sabor internacional 😆
Cada grupo ou clase fixo un taller moi especial que combinou creatividade, conciencia ecolóxica e unha deliciosa volta ao mundo a través dos alimentos.
Puidemos coñecer o proceso de reciclado de papel cunha receita moi sinxela:
📃Triturar papel de desfeito, deixar repousar, batir ata obter unha pasta, empregar os cadros de reixas para dar forma a cada folla do libro e por último deixar secar enriba dun pano.
Así de sinxelo! 👌
Logo de ter nas nosas mans as follas de papel reciclado cada grupo de nenos e nenas fixo un traballo de investigación sobre un alimento doutro país e foi enchendo as páxinas do seu libro con receitas, beneficios, curiosidades, propiedades...
Botade un ollo ao proceso!
Libros artesanais para derpertar a curiosidade, creatividade, potenciar a competencia lingüística, traballar en equipo, reforzar a autoestima ao lograr o obxectivo, estimular o pensamento crítico á hora de organizar as ideas, achegarse á importancia da edición e maquetación....
Unha forma diverida e ecolóxica de viaxar cos libros e coidar da nosa contorna!
Durante a semana pasada o noso alumnado visitou o quiosco da biblio!
A prensa ten como función destacada informar sobre diferentes aspectos pero tamén é capaz de persuadir, promover, formar unha opinión, educar, entreter... por iso debe estar presente nas bibliotecas escolar.
Algunhas das razóns polas que debemos traballar coa prensa nas aulas son:
📜 Desenvolvemento da escritura.
📜Impulsar a investigar.
📜Despertar o interese polos medios de comunicación.
📜Estimular a lectura.
📜Propiciar o ordenamento de ideas para redactar ou expresar.
📜Axuda a fomentar a capacidade crítica.
📜...
É por elo que elaboramos un novo número da " Voz do Corpiño", cunha recopilación de novas próximas ao noso alumnado.
Por suposto, tivemos en conta o proxecto "Oído Cociña!""
Queda a vosa disposición para lelo na Casiña de Faiuco.
Natalia, unha das integrantes do proxecto, trouxo un contacontos e uns xogos para fomentar nos máis pequenos hábitos saudables na súa alimentación.
O alumnado de Educación Infantil e máis o 1º ciclo de Educación Primaria participaron no contacontos "María que color comes?" coñecendo a relación da cor dos alimentos coas súas propiedades, algo que se nos escapaba.
Tamén houbo momentos para xogar cos sentidos do olfato e o tacto, intentando acertar as froitas 🍋 ou verduras 🍀 que había en cada bolsiña.
Un xogo para afianzar os sentidos pero que rematou coa degustación dos alimentos, pois polo sentido do gusto tamén obtemos moita información 😉
Gracias NUTRICOLES pola proposta e por vir compartila!
O 8 de marzo é o día dedicado ás mulleres 👩 pois pese ao paso do tempo queda moito camiño por andar para lograr a plena igualdade.
Moitas mulleres loitaron para lograr unha sociedade máis xusta e nós temos o deber de continuar con ela💪
A actividade chamámola: "Recoñecemento as nosas chefs"
Unha homenaxe que decidimos facer dentro do noso proxecto, Oído Cociña, para poñer en valor o traballo excepcional das mulleres nas diferentes cociñas da nosa contorna.
Como podemos facer este recoñecemento? pois, coa nosa Estrela Faiuquín 🌟
Convidamos a Rocío, Montse, Belén, Alicia e Mercedes a vir á Casiña de Faiuco para facer entrega das estrelas Faiuquín.
Cada aula ou ciclo fixo un traballo de investigación con unha muller para saber da súa vida profesional, das súas inquedanzas no traballo, da conciliación familiar, das mellores receitas que elaboran ou das que menos lles gusta preparar... coa finalidade de poñer en valor o seu traballo e achegarnos ao significado que ten recibir unha estrela Michelín.
Unha actividade preciosa que deixa unha forte pegada nas experiencias do proxecto de centro.
Parabéns a todas elas 💕
Dádelle ao play para ver un resumo da xornada.
Moitísimas gracias a Rocío, Montse, Belén, Alicia e Mercedes!!
Como cada ano estas semanas estivemos traballando arreo nos disfraces, aqueles que nos servirán para deixar boquiabertos aos asistentes ao desfile polas rúas de Begonte
E si, non é para menos, vaia traxes máis chulos resultaron 😍
Como non podía ser doutra maneira tivemos moi presente o noso proxecto de centro; Oído cociña!
Os máis pequenos do cole vestiron o seu mandil e gorro para mostrar que son uns verdadeiros Chefs, pois levan traballando moito sobre a cociña e as súas técnicas culinarias.
Se a alimentación sá se refire non poden faltar as froitas e verduras.
Uvas🍇 e laranxas 🍊 representando á vitamina C ( 1º e 2º EP) e tomates 🍅e leitugas 🍀 como as mellores verduras para elaborar ricas ensaladas (3º e 4º EP).
Fonte de fibra, hidratos de carbono e azúcre en cantidades moderadas aparecían nas etiquetas das caixas de cereais 🌾elaboradas polo alumnado de 5º e 6º EP.
Uns cereais para nada típicos, non están á venda en calquera establecemento, pois teñen "denominación de orixe" etiquetados e producidos na nosa escola 😂
Tendo este vídeo, pouco máis se pode apuntar.
Pasámolo xenial!!
Moitas gracias ás familias por colaborar na elaboración dos disfraces e por arrouparnos no desfile 💓
Chegou á Casiña de Faiuco Xela, unha superheroína de aldea que goza da natureza.👧
Unha nena comprometida co medio rural que destaca os beneficios que ten vivir na aldea, contando as súas aventuras dunha forma divertida e entretida😉
Inma Cuesta reuniu ao alumnado de Educación Infantil para traballar con eles a educación ambiental en relación á alimentación, coa axuda de Xela e uns cantos animaliños, tivemos unha reunión moi gratificante.
Tanto é así que nos animamos a cantar e bailar🎼.
Rematamos esta actividade facendo unha selección de alimentos que son máis comprometidos e respectuosos co medioambiente, como as verduras que cultivamos nas nosas hortas, con aqueles que fan que xeremos demasiados resiudos plásticos e aínda por enriba non son próximos a nós.
A ONU propuxo establecer o 11 de Febreiro como o Día Internacional da Nena e Muller na Ciencia para lograr o pleno acceso e equidade no ámbito científico e tecnolóxico das mulleres👩👧
Ademais é un dos obxectivos da Axenda 2030, a igualdade, sendo as bibliotecas escolares un magnífico espazo para traballar nesta brecha de xénero.
Na nosa escola quixemos visibilizar o traballo das mulleres no ámbito da cociña relacionado coa Ciencia facendo un taller de conservación de alimentos 🔬
Para iso botamos man da familia de Sabela, 6º EP, que ten moita experiencia neste ámbito, rexentan un restaurante na nosa contorna.
Programamos tres talleres sinxelos para que todo o alumnado puidera coñecer un método de conservación dos alimentos.
Os máis pequenos envasaron boliños preñados, empregando a máquina de envasar ao baleiro. Conservando o boliño durante máis tempo sen que se poña en mal estado.
Non sabemos canto dos nenos e nenas lograrían gardar o seu boliño...😂
Logo, a nai e a avoa de Sabela ensinaron aos nenos de 1º , 2º, 3º e 4º EP como envasar salsa de tomate caseira 🍅 ao baño María. Sen esquecer o etiquetado de cada tarro, pois é fundamentar anotar a data.
Por certo, a salsa estaba boísima 👌
Finalmente, os maiores do cole puxéronse mans á masa coa empanada!
Qu método empregarían para conservar un producto fresco e que non perda as súas propiedades❓
pois si, o envasado.
Tendo moi en conta a data, alérxenos, o número de lote de cada alimento que empregamos, a temperatura a que debe estar.... unha morea de cousas!!
Unha xornada na quue demos un paso máis no noso proxecto " Oído Cociña!", valorando o traballo das cociñeiras e a súa relación coa Ciencia.
Se queredes ver fotiños dos talleres, dádelle ao 👉PLAY!
Moitas gracias a Rocío e Marina por compartir esta xornada con nós, foi un pracer tervos na Escola!
Na área de Relixión, todo o alumnado, colaborou na elaboración dun mural moi vistoso😍
Nel traballaron coa receita para a paz, facendo alusión á tolerancia, respecto, axuda, empatía, comprensión, amor, paciencia... como "ingredientes clave" para logar unha mellor convivencia.
Do mesmo xeito, os máis pequenos, fixeron que da árbore da vida brotara o amor, que precisa de moitos coidados para que sigan crecendo os froitos da alegría e o respecto.
A modo de caligrama, para conmemorar o día da escritura a man, escribiron tanto a receita para a paz, nun mandil, como no tronco da árbore algún verso sobre os valores da vida.
A necesidade desta conmemoración ten a súa orixe en valorar os beneficios de escribir a man, unha ferramenta necesaria para o desenvolvemento cognitivo e motor.
Sendo ademais, a caligrafía, unha sinal de identidade de cada persoa, pois é única, particular, propia e significativa.
A escritura manuscrita potencia:
👉 A activación da memoria.
👉 Favorece a creatividade.
👉 É unha excelente forma de expresar sentimentos, emocións, vivencias, pensamentos....
👉 Axuda a que as aprendizaxes sexan eficientes.
👉Mellora a motricidade fina e a coordinación óculo- manual.
👉 Fortalece a concentración
Por iso, en relación co noso proxecto " Oído Cociña" traballamos con caligramas.
Achegándonos así ao valor estético do texto, a idea de debuxar con palabras, á forza da imaxe para transmitir ideas, experimentar coa caligrafía.... todo isto mantendo unha idea común: coñecer máis sobre algún alimento: froitas, verduras...
O resultado quedou moi vistoso, mostrando unha beleza estética dos nosos textos
Os nenos e nenas de Educación Infantil traballan arreo no proxecto "Oído cociña".
Todo o que sexa manipular, argallar, facer transvases, fedellar con aparellos, amasar, indagar, observar, manipular.... somos uns auténticos expertos na materia 👍
É por iso que, coincidindo coas estacións do ano, facemos catas ou degustacións 👅de froitos de tempada.
Comezamos no Outono, alá por Outubro, coa mazá, granada e caqui.
Os sabores, a textura, a forma e incluso as cores son diferentes en cada unha delas, e así o comprobaron eles.
Agora, no Inverno, demos un pasiño máis e con cítricos desta época fixemos zumes🍹
O primeiro foi coñecer o seu nome e indagar sobre as cores do interior, o seu sabor, a textura da pela.... porque do pomelo🍑e da lima🍈sabíamos menos que da laranxa 🍊.
E logo, mans á obra co espremedor!!
E por suposto, hai que rexistrar as nosas preferencias!