Amosando publicacións coa etiqueta Semana do Libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Semana do Libro. Amosar todas as publicacións

luns, 4 de maio de 2026

Ilustración narrativa

 Durante a semana do libro celebramos o noso I Concurso de Ilustración Narrativa ✏📖

Tendo en conta o lema de bibliotecas escolares "O deseño" quixemos facer fincapé na función da ilustradora ou ilustrador na edición do libro, no poder das imaxes para poder contar a historia.

Para introducir o concurso, nas aulas de infantil, fixemos unha comparativa das ilustracións de diversos contos: propuxemos libros nos que o ilustrador tiña como material principal o cartón e as teas, noutro recortes de xornais, noutro empregaba só tres cores, nalgúns eran debuxos feitos en branco e negro, outros víamos que empregaban as texturas dos materiais...

Logo, na biblioteca había un panel con diferentes citas textuais sacadas de diversos libros. Sendo a intención a de que os nenos e nenas debuxaran o que crían que debería acompañar ese texto.

A exposición dos debuxos permitía observar que cada un deles debuxou elementos moi diversos para acompañar a cita, todos eles válidos e cun significado diferente.

Algunhas das citas textuais escollidas foron:

📝 "O xigante tiña medo da súa propia sombra"

📝"Unha sombra que se esqueceu de seguir ao seu dono"

📝 "No meu peto vive un segredo"

📝"Os lamentos das pantasmas atravesan as paredes"

📝...

E así se desenvolveu a actividade, na que finalmente premiamos ao mellor ilustrador ou ilustradora de cada ciclo.👏

O premio foi moi especial pois eran libros da autora Ana Meilán cunha dedicatoria do seu puño e letra💜. 

Foron mercados na feira do libro de Outeiro de Rei, apoiando así iniciativas tan bonitas.


Moitas gracias a todos os nenos e nenas, fixestes un traballo excepcional 👏👏




luns, 20 de abril de 2026

Taller con Lego Dots

 Comezamos a semana no noso taller con Lego Dots 💠 como actividade enmarcada na semana do libro, facendo referencia ao poder da ilustración e o deseño nos materiais textuais.📗📘📙

Lego Dots é un xogo de pezas de lego formadas por puntos e pequenas marcas que permiten crear distintos deseños.

O obxectivo para esta semana do libro era poñer en valor a función do ilustrador, indo da man do deseño, que como xa sabedes é a temática escollida por bibliotecas escolares para este curso.

Pois ben, tendo as pezas do Lego Dots sacamos da rede algúns patróns de deseño, cada titoría orientado á actividade que tiña en mente; facer unha pequena historieta cos deseños, elaborar elementos gráficos para trípticos, narrar fábulas, deseñar marcapáxinas... sendo o elemento clave o deseño feito coas pezas.

(nalgúns casos o deseño ía orientado á temática do PDI, os animais) 

O traballo no taller pretendía:

💡 Potenciar a creatividade.

💡 Desenvolver a motricidade fina avanzada.

💡 Mellorar a concentración e a paciencia na actividade coas pezas.

💡 Personalizar deseños.

💡Potenciar conceptos de simetrías e traballo con patróns.

💡Creación de distintas tipografías

💡...

 

No seguinte vídeo resumo poderedes ver o paso polo taller das distintas aulas e o resultado do traballo co deseño, quedaron cousas ben interesantes pese a que non foi unha tarefa doada.



Bo traballo nenas e nenos💙



 

 

mércores, 30 de abril de 2025

Taller de papel reciclado

 Celebramos a semana do libro con moita creatividade e un sabor internacional 😆

Cada grupo ou clase fixo un  taller moi especial que combinou creatividade, conciencia ecolóxica e unha deliciosa volta ao mundo a través dos alimentos.

Puidemos coñecer o proceso de reciclado de papel cunha receita moi sinxela: 

📃Triturar papel de desfeito, deixar repousar, batir ata obter unha pasta, empregar os cadros de reixas para dar forma a cada folla do libro e por último deixar secar enriba dun pano.

Así de sinxelo! 👌

Logo de ter nas nosas mans as follas de papel reciclado cada grupo de nenos e nenas fixo un traballo de investigación sobre un alimento doutro país e foi enchendo as páxinas do seu libro con receitas, beneficios, curiosidades, propiedades... 

Botade un ollo ao proceso!


Libros artesanais para derpertar a curiosidade, creatividade, potenciar a competencia lingüística, traballar en equipo, reforzar a autoestima ao lograr o obxectivo, estimular o pensamento crítico á hora de organizar as ideas, achegarse á importancia da edición e maquetación.... 


Unha forma diverida e ecolóxica de viaxar cos libros e coidar da nosa contorna!




mércores, 23 de abril de 2025

Visita de María Canosa

 Coñecida por ser escritora de literatura infantil e xuvenil entre outras cousas; guionista, articulista, colaboradora de programas radiofónicos... 😀

É a autora de libros como: Faíscas, Leo era un león, Escola de bruxas, Acuario, O papaventos de Laura, Unha fábrica de bicos, Teño un volcán dentro, Candorcas e unicornios, O lobo Ramón... e outros moitos títulos.

O alumnado do 1º ciclo EP tivo a sorte de escoitar a María falar dos seus libros e da súa faceta como escritora. Pero, tamén lles falou do proceso de creación, das súas personaxes nos contos, das novas historias...

Unha sesión moi enriquecedora, pois os nenos e nenas de 2º EP estiveron lendo no itinerario lector unha das súas obras; O lobo Ramón. Tendo a oportunidade de comentar coa escritora a historia e preguntarlle abertamente  sobre o libro.

Como non podía ser doutro xeito, asinou os libros e deixou na nosa biblio un agasallo moi bonito 💓







Moitas gracias pola visita!


luns, 7 de abril de 2025

Recomendacións lectoras

 Durante este mes de Abril, co gallo da semana do libro, temos aberto o noso I Concurso de Recomendacións de libros 📗📘📙

Se hai un conto que che gusta moito, unha saga de libros que merece moito a pena ler, un cómic co que gozaches, unha historia que deixou pegada en ti.. é o momento de compartilo cos demais 🙋

Cun par de fotos creativas e unha reseña ou debuxo á altura, xa non precisas máis.

Participa!!!

E si tes claro a quen lle pode gustar o teu conto ou libro favorito, podes personalizar a túa recomendación 😃 

Velaquí as bases do concurso 👇


Por suposto, hai premio para a máis orixinal🏅

 Non perdades a oportunidade de visitar o mural do primeiro andar para consultar todas as recomendacións! 

Seguro  que atopades algo que vos poida interesar 😉

 Esperamos as vosas achegas!!

  

martes, 30 de abril de 2024

Semana do Libro

No mes de abril celebramos unha das semanas máis significativas para as nosas bibliotecas, o día do libro, que conmemoramos con varias actividades nas que poñemos en manifesto o noso agarimo pola Casiña de Faiuco: animación á lectura, talleres de banda deseñada, contacontos, lecturas compartidas, itinerarios lectores, obradoiros de debuxo...

creative week!!

Tendo en conta a proposta de Bibliotecas Escolares de traballar coa banda deseñada; na nosa escola o tempo de lecer na biblio estaba dedicado a crear, escribir, deseñar ou compartir viñetas.

Divertímonos coa banda deseñada!! velaquí a exposición!



 

Para elo, organizamos tres obradoiros. Nun empregamos plantillas de viñetas graciosas e divertidas,  nas que o noso alumnado creaba as historias tendo en conta o tipo de bocadillos: gritar, pensar, chorar, conversar ou narrar.



Logo, con recortes de debuxos, tiñamos a posibilidade de facer nós mesmos o deseño das viñetas, tanto escoller personaxes como tipo de bocadillos e crear as propias historias. A imaxinación voaba en cada creación!



E por último, coa axuda dunha APP "Comica" puideron crear as súas viñetas con fotos reais e colocar efectos, gifs, emoticonos, bocadillos... unha proposta libre, persoalizada e creativa.





O alumnado de Educación Infantil tamén quixo levar esta proposta á aula, botade un ollo as historietas tan cómicas que inventaron.





Certo é, que os alumnos de 5 anos xa fixeran un conto de banda deseñada para agasallar a Ana Meilán pola súa visita a nosa biblio.

Cómic para Ana Meilán




 rematamos a semana, que dedicamos á banda deseñada, coa visita de Pablo Moledo cun obradoiro de debuxo moi entretido. 

Un aire fresco de posibilidades, inspiracións, técnicas, xogos... para despertar ou fomentar a nosa creatividade no debuxo.





unha "Semana do Libro" 
moi dinámica e divertida!

Lembrade que tamén estamos en 

Clicade na imaxe


luns, 22 de abril de 2024

Semana do Libro na Casiña de Faiuco!

Nesta ocasión centrámonos en banda deseñada.

Dende bibliotecas escolares de Galicia, este curso 2023/2024, teñen como Lema Unha biblioteca escolar en viñetas, poñendo o foco en todas as posibilidades que a banda deseñada ofrece tanto no goce lector como na aprendizaxe curricular. 

Dende a nosa escola, sumámonos a esta proposta con distintos obradoiros e visitas.









Lembra sempre o que di Faiuco

Ler é voar! 

Feliz Semana do Libro!


luns, 24 de abril de 2023

SEMANA DO LIBRO II

 

Visita de Nathalie na Casiña de Faiuco!


Nat é a nai de Flora de EI, é mestra en English School Lugo,  veu a compartir un "Storytelling" cos máis pequenos do cole e un "drama" cos nenos e nenas de EP. Bailaron, riron e escoitaron historias marabillosas!




Peche da Semana do Libro!





Tivemos a visita de Paula Carballeira,, contos e risas que compartiu con todo o alumnado. Achegámonos así, un pouquiño máis á maxia, dos libros.






Queredes escoitar a entrevista a Paula? Clicade no seguinte enlace: 






O peche da xornada rematou coa visita de Anita Demitroff, nativa e profesora de inglés. Actividade que forma parte do "English Speeking Countries Week".

Todo o alumnado do cole, en distintos grupos, decubriron e experimentaron co xogos, sorpresas e obxectos que compartiu Anita.







Por último, agasallo e mención especial para o gañador do 
Concurso bookface! 








Enhoraboa Hugo!



luns, 17 de abril de 2023

SEMANA DO LIBRO I



   Días de festa na Casiña de Faiuco!










A mirada entre o libro e a fotografía.
outra maneira de animar á lectura.:
#bookface



Coa intención de potenciar o vínculo entre os textos, as ilustracións e a arte da fotografía, Faiuco propón esta actividade a mar de divertida!

Tes que elixir un libro con portada atractiva, analizar e combinar coa vestimenta e as poses do teu corpo, xogar cos espazos e a iluminación,
crear, imaxinar e compartir!

Así de ben o fixeron os nenos e nenas do noso cole!







En Instagram todas as imaxes!



Para saber un pouco máis sobre que é o bookface, quen inventou este xogo visual, clicade no seguinte enlance: