martes, 30 de abril de 2024

Semana do Libro

No mes de abril celebramos unha das semanas máis significativas para as nosas bibliotecas, o día do libro, que conmemoramos con varias actividades nas que poñemos en manifesto o noso agarimo pola Casiña de Faiuco: animación á lectura, talleres de banda deseñada, contacontos, lecturas compartidas, itinerarios lectores, obradoiros de debuxo...

creative week!!

Tendo en conta a proposta de Bibliotecas Escolares de traballar coa banda deseñada; na nosa escola o tempo de lecer na biblio estaba dedicado a crear, escribir, deseñar ou compartir viñetas.

Divertímonos coa banda deseñada!! velaquí a exposición!



 

Para elo, organizamos tres obradoiros. Nun empregamos plantillas de viñetas graciosas e divertidas,  nas que o noso alumnado creaba as historias tendo en conta o tipo de bocadillos: gritar, pensar, chorar, conversar ou narrar.



Logo, con recortes de debuxos, tiñamos a posibilidade de facer nós mesmos o deseño das viñetas, tanto escoller personaxes como tipo de bocadillos e crear as propias historias. A imaxinación voaba en cada creación!



E por último, coa axuda dunha APP "Comica" puideron crear as súas viñetas con fotos reais e colocar efectos, gifs, emoticonos, bocadillos... unha proposta libre, persoalizada e creativa.





O alumnado de Educación Infantil tamén quixo levar esta proposta á aula, botade un ollo as historietas tan cómicas que inventaron.





Certo é, que os alumnos de 5 anos xa fixeran un conto de banda deseñada para agasallar a Ana Meilán pola súa visita a nosa biblio.

Cómic para Ana Meilán




 rematamos a semana, que dedicamos á banda deseñada, coa visita de Pablo Moledo cun obradoiro de debuxo moi entretido. 

Un aire fresco de posibilidades, inspiracións, técnicas, xogos... para despertar ou fomentar a nosa creatividade no debuxo.





unha "Semana do Libro" 
moi dinámica e divertida!

Lembrade que tamén estamos en 

Clicade na imaxe


Ningún comentario:

Publicar un comentario