domingo, 30 de abril de 2023

TALLERES ONLINE INTERNET SEGURA:DETECTA A FRAUDE NOS VIDEOXOGOS.9-12 ANOS.

  Recordades os obradoiros sobre Internet Segura do INCIBE ? Pois aquí tedes o vídeo no que vos ensinan a identificar páxinas e mensaxes fraudulentos no entorno dos videoxogos e outros espazos dixitais de uso cotiá..



TALLERES ONLINE INTERNET SEGURA: CREA O TEU CONTRASINAL SEGREDO.6-8 ANOS.

 Recordades os obradoiros sobre Internet Segura do INCIBE ? Pois aquí tedes o vídeo no que vos ensinan a importancia de crear contrasinais seguros e como comprobar se son suficientemente fortes ou non.

Organizade un concurso de contrasinais en familia, a ver quen gaña!

                                                              https://youtu.be/4TnKLPNZNf4

luns, 24 de abril de 2023

SEMANA DO LIBRO II

 

Visita de Nathalie na Casiña de Faiuco!


Nat é a nai de Flora de EI, é mestra en English School Lugo,  veu a compartir un "Storytelling" cos máis pequenos do cole e un "drama" cos nenos e nenas de EP. Bailaron, riron e escoitaron historias marabillosas!




Peche da Semana do Libro!





Tivemos a visita de Paula Carballeira,, contos e risas que compartiu con todo o alumnado. Achegámonos así, un pouquiño máis á maxia, dos libros.






Queredes escoitar a entrevista a Paula? Clicade no seguinte enlace: 






O peche da xornada rematou coa visita de Anita Demitroff, nativa e profesora de inglés. Actividade que forma parte do "English Speeking Countries Week".

Todo o alumnado do cole, en distintos grupos, decubriron e experimentaron co xogos, sorpresas e obxectos que compartiu Anita.







Por último, agasallo e mención especial para o gañador do 
Concurso bookface! 








Enhoraboa Hugo!



xoves, 20 de abril de 2023

PROXECTO DIGICRAFT: ENTRENANDO UNHA INTELIXENCIA ARTIFICIAL.

     

   As nenas e nenos de 6º aprenderon como funciona unha intelixencia artificial que identifica debuxos. Ademais, buscaron imaxes con licenza Creative Commons en Internet, para adestrar a unha intelixencia artificial propia para recoñecer debuxos de gatos e mazás.


luns, 17 de abril de 2023

SEMANA DO LIBRO I



   Días de festa na Casiña de Faiuco!










A mirada entre o libro e a fotografía.
outra maneira de animar á lectura.:
#bookface



Coa intención de potenciar o vínculo entre os textos, as ilustracións e a arte da fotografía, Faiuco propón esta actividade a mar de divertida!

Tes que elixir un libro con portada atractiva, analizar e combinar coa vestimenta e as poses do teu corpo, xogar cos espazos e a iluminación,
crear, imaxinar e compartir!

Así de ben o fixeron os nenos e nenas do noso cole!







En Instagram todas as imaxes!



Para saber un pouco máis sobre que é o bookface, quen inventou este xogo visual, clicade no seguinte enlance:



 

luns, 10 de abril de 2023

#8A Día Internacional do Pobo Xitano

 

O 8 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Pobo Xitano, tamén coñecido en inglés como International Roma Day, co fin de dar a coñecer a historia e cultura romanís. 

Neste vídeo, atópase a historia de Samara, para reflexionar e traballar nas aulas. 





Pola igualdade!