martes, 3 de novembro de 2026

Outra mirada de Begonte

 A semana do 24 ao 31 de outubro celebramos a semana AMI, semana mundial da Alfabetización Mediática e Informacional.

Coa saída das mochilas viaxeiras, polo día das bibliotecas escolares, botou a andar unha actividade que inaugura o noso PDI "Enredando por Begonte".

Trátase dunha actividade para que as nenas e nenos poidan compartir coas súas familias historias da súa contorna a través da búsqueda de información, exploración de espacios, conversas cos maiores ou simplemente saíndo a dar un paseo e fotografando lugares representativos.

Pedimos que as familias sexan un piar fundamental neste proxecto por ser o punto de conexión máis estable coa nosa contorna, sendo un acceso directo á información para o PDI.

Pois ben, comezamos a enredar pedindo que enviedes fotos de lugares de reunión social, construccións importantes para as parroquias, lugares menos coñecidos, fontes con hsitorias, camiños que quedaron esquecidos, persoeiros que deixaron ou deixan pegada nesta terra...


Sacade as mochilas de exploradores e poñede o foco no que chame a vosa atención da contorna.
Esperamos recibir moita información 👌

O papel das bibliotecas escolares debe potenciar as mentes curiosas para que indaguen, busquen, seleccionen, pegunten, observen...

Da información ao coñecemento!!



Cadeira Vermella de Héctor

 Retomamos un ano máis a dinámica da Cadeira Vermella.

Unha actividade enmarcada nas destinadas a animación á lectura na que os máis pequenos contan a historia do conto que levaron á casa ao resto da clase.

Deste xeito favorecemos a expresión oral, melloramos a linguaxe e potenciamos as habilidades comunicativas.

O feito de renarrar a historia contada significa que anteriormente foi comprendida, organizou a información dada e emprega as súas palabras e expresións para transmitirla.

Cantas oportunidades nos regalan os contos!!😍😍

O primeiro en sentar este ano na Cadeira Vermella foi Héctor para contar o conto de "Lúa".

Non perdades estes minutiños de vídeo👇


Moi ben Héctor 😍 esperamos que o seguinte conto che guste tanto.