A semana do 24 ao 31 de outubro celebramos a semana AMI, semana mundial da Alfabetización Mediática e Informacional.
Coa saída das mochilas viaxeiras, polo día das bibliotecas escolares, botou a andar unha actividade que inaugura o noso PDI "Enredando por Begonte".
Trátase dunha actividade para que as nenas e nenos poidan compartir coas súas familias historias da súa contorna a través da búsqueda de información, exploración de espacios, conversas cos maiores ou simplemente saíndo a dar un paseo e fotografando lugares representativos.
Pedimos que as familias sexan un piar fundamental neste proxecto por ser o punto de conexión máis estable coa nosa contorna, sendo un acceso directo á información para o PDI.
Pois ben, comezamos a enredar pedindo que enviedes fotos de lugares de reunión social, construccións importantes para as parroquias, lugares menos coñecidos, fontes con hsitorias, camiños que quedaron esquecidos, persoeiros que deixaron ou deixan pegada nesta terra...

.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario