luns, 31 de xaneiro de 2022

Con compromiso e ilusión abrimos as portas da "Casiña de Faiuco"


Despois de todo un trimestre dun forte traballo en equipo, de coordinación e esforzo, fíxose realidade o soño de todo un grupo de profesionais que apostamos por un ensino de calidade e innovación.






Grazas a todas as persoas que nos acompañaron e nos acompañan nesta longa viaxe!


30 de Xaneiro - Día da Ilustración

 



Cada 30 de xaneiro, coincidindo co nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Unha ocasión para traballar e reivindicar desde as bibliotecas escolares a historia da ilustración galega que non deixa ser memoria do noso país. Tamén, unha oportunidade para destacar o traballo de Paula Mayor, autora do cartel. 

Este ano o protagonista é Reimundo Patiño pintor, gravador e autor do BD "Pioneiro da arte contemporánea galega".




Neste enlace, vese a perspectva persoal de catro ilustradores sobre a obra de Patiño: 

No Espazo Maker

Os nenos e nenas de de 1° e 2°, viaxaron polo mundo, cruzaron o Atlántico e chegaron a México para descubrir a historia e obra da pintora latinoamericana máis recoñecida pola arte, Frida Khalo. 




A través dun código QR visitaron o seu museo e descubriron as súas obras.




Coñecérona un pouco máis
 




E compartiron o libro da súa bibliografía na mochila viaxeira.
 
 



xoves, 27 de xaneiro de 2022

Xornadas de formación

 Iniciamos as Xornadas de formación con Rosa piquín, propulsora dos Proxectos documentais integrados (PDI).

A longo dos anos, a súa proposta foi asentándose e fortalecendo un modelo de ensino acorde á sociedade actual. 

Tal como explica, os PDI, son proxectos porque se desenvolven mediante unha metodoloxía activa e colaborativa. Son documentais, porque a partir dos fondos que atesouran as nosas bibliotecas escolares, os nenos e nenas constrúen o seu coñecemento, son capaces de ser creativos e de comunicar o que entenden. E son integrados porque ademais permiten integrar aprendizaxes de diferentes disciplinas e serven para achegar o mundo escolar a vida diaria. 

Todo o equipo da biblioteca estivo presente nestes días de formación.




Moitísimas grazas Rosa!



mércores, 26 de xaneiro de 2022

O xornal da xente miúda!

O papagaio xa está no noso cole! todos os meses 16 páxinas a cor e cheas de novos contidos moi interesantes. A ler!




O seu recuncho lector

Non só inaguramos a "Casiña de Faiuco", na aula de 1º e 2º inaguraron o seu "recuncho Lector".




 Así de concentrados coa lectura o estrearon!



Parabéns!


Vacío

 

En los grupos mixtos de 1º e 2º e 3º e 4º, traballamos a competencia emocional co libro VACÍO de Anna LLenas. Coñecemos a Julia...




e comprendemos que todas as persoas vivimos situacións que a veces nos entristecen pero, que sucede cando sentimos esa sensación de vacío e nos invade a tristeza? Recoñecemos emocións e valoramos distintas maneiras de Xestionalas.


Julia, xestionando as súas emocións con momentos de calma.

E nós, podemos gozar dun día de praia, comer unha rica mazá baixo unha árbore, compartir xogos, mirar as estrelas... pintamos os nosos propios tapóns...




Tapamos os vacíos e quedaron así de bonitos!





seguiremos traballando con Julia!


Educación Emocional e Habilidades Sociais

 Dentro do Proxecto Documental Integrado e tendo en conta o OSD 3 Saúde e benestar, seguimos avanzando no desenvolvemto emocional do noso alumnado. "Coñecernos máis a nós mesmos e aos demais para potenciar a nosa autoestima e mellorar a convivencia".




luns, 24 de xaneiro de 2022

A biblioteca que imaxino

   Despois dunha moi difícil selección, os debuxos elixidos para decorar a nosa nova biblioteca, foron os seguintes:




 

GRAZAS A TOD@S POR PARTICIPAR!


venres, 21 de xaneiro de 2022

Espazo Maker


Proxecto Digicraft


Axudamos a Patatín a atopar as cores duns obxectos que un malvado mago agochou en palabras de varios idiomas.
Foi un verdadero reto empregar unha aplicación para traducir as palabras con realidade aumentada e averiguar a cor correcta de cada obxecto.





 

venres, 14 de xaneiro de 2022

Xogando coa historia do século XIX

O alumnado de 6º cambiu os cromos de futbolistas polos de reis e raíñas, polos de arquitectos e poetisas e de paso, volveron sobre o fascinante século XIX en España.




luns, 10 de xaneiro de 2022

Os contos do camiño

Velaí tedes unha escolma de historias en formato audiovisual, abraiantes e moi divertidas, saídas da factoría de OQO editora. 

"O divertido periplo da pota trota, as dificultades dunha tartaruga para poder durmir ou as peripecias dunha familia para rescatar un gato dunha árbore son algunhas das aventuras destes contos."






Á marxe esquerda do blog, tamén te
s a ligazón directo nas "páxinas que sigue Faiuco." 

goza destas divertidas historias!


luns, 3 de xaneiro de 2022

El cuento de los Reyes Magos (bien contado)

 Achégase o Día dos Reis e, do blog "Soñando cuentos", Faiuco comparte El cuento de los Reyes Magos (bien contado) da Editorial Thulé. Esta historia foi escrita por Dominique Jorand e se clicades na imaxe de abaixo, podedes escoitarla. É unha historia chea de maxia!