martes, 15 de marzo de 2022
Competencia emocional
sábado, 19 de febreiro de 2022
Convivencia e Mellora de Seguridad nos Centros Educativos
A complexidade destes tempos demanda que dende a escola se aborden temáticas que inviten á reflexión. Trátase de concienciar a noso alumando sobre temas puntuais e reais tales como o acoso escolar, a igualdade e a violencia de xénero.
Porén, nesta semana, enmarcado no Plan Director de noso centro, recibimos a visita de Hector Méndez, psicólogo e garda civil que brindou unha charla para tratar estas temáticas co alumnado de 5º e 6º curso de EP.
mércores, 26 de xaneiro de 2022
Educación Emocional e Habilidades Sociais
Dentro do Proxecto Documental Integrado e tendo en conta o OSD 3 Saúde e benestar, seguimos avanzando no desenvolvemto emocional do noso alumnado. "Coñecernos máis a nós mesmos e aos demais para potenciar a nosa autoestima e mellorar a convivencia".
domingo, 19 de decembro de 2021
xoves, 2 de decembro de 2021
Os ollos de TEA
martes, 30 de novembro de 2021
domingo, 28 de novembro de 2021
Contos que contaxian ilusión!
A fundación ONce, comparte contos con historias divertidas e de superación! Unha maneira de recoñecer as limitacións e dificultades das persoas que teñen algún tipo de discapacidade e promover actitudes empáticas.
Ler en familia, lecturas compartidas!
sábado, 27 de novembro de 2021
#Cheadevida
coeducación como camino á non violencia ás mulleres a través de distintas estacións.
Unha xornada distinta onde a aprendizaxe compartida foi a dinámica central baixo o lema "chea de vida".
xoves, 25 de novembro de 2021
Semana do 25N
"O lobo come troncos"
Nesta semana que se aproxima o 25N, no noso cole comenzamos a traballar pola concienciacíon da non violencia as mulleres.
Na aula de 4 anos, cambiaron o conto de "Capapuchiña vermella" e reflexionaron sobre a historia orixinal:
-Se capapuchiña fose un neno, o lobo tamén a enganaría?
-Se o lobo fora unha loba, enganaría igualmente a Capapuchiña?
tras este traballo, crearon a súa propia historia na que ninguén engana a ninguén: " O lobo cometroncos".
xoves, 18 de novembro de 2021
Obradoiro de habilidades sociais
Neste mes, o alumnado de 1º, 2º, 3º, e 4º de educación primaria participará de obradoiros de habilidades sociais e emocionais desenvolvido polo servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación Concellos de Begonte, Friol, Outeiro de Rei e Rábade. Sen dúbida gozaron moito coa primeira experiencia!















