Amosando publicacións coa etiqueta expresión artística. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta expresión artística. Amosar todas as publicacións

domingo, 27 de marzo de 2022

Teatro Kamishibai - O teatro de papel -

 

Para fomentar a oralidade na aula de cinco anos, contaron a fábula sobre o esforzo e o traballo, "A cigarra e a formiga". 

A levaron a cabo, empregaron un teatriño xaponés coñecido como "kamishibai" ou "teatro de papel". 

Escolleron a súa fórmula de inicio e peche preferida, describiron aos persoaxes e debuxaron as escenas da historia. Por último, puxéronse mans a obra! 



Vaia obra máis divertida e colorida!


mércores, 23 de marzo de 2022

Educar a través da arte III


Cara a unha escola imaxinada


Na aula multiusos do noso cole, contamos outra vez cos mestres Vicente e Salvador nunha xornada chea de descubrementos. 

Por unha banda, os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil, fixeron a súa propia construción con pezas de formas de madeira ensartables. Despois, xuntáronas todas e debuxaron con grafito a parte que máis lles gustou da escultura. e para rematar, crearon un disfraz empregando tan só papel e unha grampadora! 


Experimentar, xogar e aprender! 






Por outra banda, o alumnado de 6º curso de EP, estivo a explorar o mundo microscópico dos fungos e bacterias a través da arte. Comenzaron experimentando con tinta augada para xerar formas que logo pasaron a papel con carboncillo. E cando lle deron xeito, agregaron volume manipulando papel. 


toda unha viaxe para ver con outros ollos e aprender facendo!





grazas Vicente e Salvador unha vez máis!



 

luns, 21 de marzo de 2022

#DíaMundialdaPoesía

 

Ao longo do día fixéronse distintas actividades.


"Poesía por un tubo"


Cando chegamos ao cole tivemos unha sorpresa...
 Unha máquina de poesía! 
Se queredes saber como funcionaba... non vos perdades o vídeo!





"Chove nos versos"
de Antonio García Teijeiro





O alumnado de EI, colleu deste poemario artellado tematicamente arredor da idea da chuvia, os seus apartados favoritos de catro a elixir: "As choivas no calendario", "Chovendo miudiño", "Chovendo a mares" e "Longa noite de chuvia".
Logo, ilustraron a choiva con diferentes técnicas plásticas (pincel, estampación, sopro...).

Aquí están as súas producións!






Sen dúbida, unha xornada moi activa! 


martes, 15 de marzo de 2022

Educar a través da arte II

Seguimos cos talleres! Vaia ideas e traballos máis divertidos! Esta vez tocoulles ao alumnado de Educación Infantil: nubes, chovia e unha mansión de cartón para refuxiarse!





Moitas grazas Vicente e Salvador por compartir vosa experiencia con nós!


domingo, 6 de marzo de 2022

A expresión a través da arte II


O alumnado de 5º e 6º culmina o proceso de descubrimento da propia individualidade a través da expresión artística cunha exposición das súas propias obras. 




Exposición lista!



Parabéns polo voso traballo!


domingo, 19 de decembro de 2021

A expresión a través da arte I


Partindo do libro da biografía e das obras de Jean Michael Basquiat, o alumnado de 5º e 6º inician un percorrido de descubrimento da expresión creativa a través das emocións.



domingo, 14 de novembro de 2021

Poesía da man de Leira Bilbao

 

Co libro "Bechopoemas e outras bestas", o alumnado de 5º curso adentrouse no mundo das criaturas das augas, da terra e do aire, no mundo da musicalidade e o ritmo das palabras.