Amosando publicacións coa etiqueta Plambe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Plambe. Amosar todas as publicacións

mércores, 23 de marzo de 2022

Educar a través da arte III


Cara a unha escola imaxinada


Na aula multiusos do noso cole, contamos outra vez cos mestres Vicente e Salvador nunha xornada chea de descubrementos. 

Por unha banda, os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil, fixeron a súa propia construción con pezas de formas de madeira ensartables. Despois, xuntáronas todas e debuxaron con grafito a parte que máis lles gustou da escultura. e para rematar, crearon un disfraz empregando tan só papel e unha grampadora! 


Experimentar, xogar e aprender! 






Por outra banda, o alumnado de 6º curso de EP, estivo a explorar o mundo microscópico dos fungos e bacterias a través da arte. Comenzaron experimentando con tinta augada para xerar formas que logo pasaron a papel con carboncillo. E cando lle deron xeito, agregaron volume manipulando papel. 


toda unha viaxe para ver con outros ollos e aprender facendo!





grazas Vicente e Salvador unha vez máis!



 

domingo, 13 de marzo de 2022

Educar a través da arte I

 

"Cara a unha escola imaxinada" 


Os nenos e nenas de Educación Primaria, participaron nos talleres dos mestres Vicente e Salvador,  Artistas e profesores da área de Expresión Plástica na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo. 


A creatividade e o "facer" en libertade, explorando con diferentes técnicas e xogando con distintos materiais, mantiveron ao alumnado feliz, traballando e aprendendo na aula multiusos de noso centro. Descubremento para o alumnado e formación para o profesorado!




E como gustaron tanto estas ideas, na clase de 5 anos coñeceron o blog destes mestres "Escola imaxinada" e recrearon unha das súas actividades de arte tridimensional: construcións con cartóns. Construíron así,  aquelo que desexan ter na súa cidade: museos tobogáns, parques acuáticos, veterinarios con parques de atraccións...







Vaia artistas!


martes, 15 de febreiro de 2022

13F #DíaMundialdelaRadio


O Día Mundial da Radio é unha xornada dedicada ás emisoras de radio e aos seus oíntes. Foi proclamado en 2011 pola UNESCO e elevado a Día Internacional de interese pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 2012.




A UNESCO fai un chamamento ás radios de todo o mundo para que celebren este día baixo o lema "A radio e a confianza".

No noso cole, temos a Radio Corpiño que aínda estamos a probar.




A semana que vén, conmemorando este día, virán de visita deportistas que serán entrevistados polo noso alumnado. Falaremos sobre "hábitos saudables" en relación co PDI "O bosque de fAiuco" e cos obxectivos da Axenda 2030. 

Estades atentos que iremos informando!

Se vos apetece saber máis sobre a "historia da radio", clicade no seguinte ligazón:



luns, 14 de febreiro de 2022

Educar a través da arte

 

 Hoxe compartimos unha charla cos autores  do libro "Educar a través da arte", Vicente Blanco e Salvador  Cidrás.

Crear espazos de acción, educar no sentido estético, potenciar o pensamento narrativo e apostar polo desenvolvemento da imaxinación e a creatividade son algúns dos temas expostos. 

Seguimos formándonos para mellorar a nosa práctica educativa!


domingo, 6 de febreiro de 2022

Xogar e aprender!

Os peques de 4 anos, aprenden novo vocabulario co libro "O Abecedario travieso" a través de vistosas ilustracións buscan a palabra intrusa.



 

 o noso espazo "Os booktubers de Faiuco" sigue medrando Grazas a todos os nenos e nenas de noso cole que recomendan as lecturas que máis lle gustan!




luns, 31 de xaneiro de 2022

Con compromiso e ilusión abrimos as portas da "Casiña de Faiuco"


Despois de todo un trimestre dun forte traballo en equipo, de coordinación e esforzo, fíxose realidade o soño de todo un grupo de profesionais que apostamos por un ensino de calidade e innovación.






Grazas a todas as persoas que nos acompañaron e nos acompañan nesta longa viaxe!


mércores, 26 de xaneiro de 2022