Amosando publicacións coa etiqueta Radio Corpiño. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Radio Corpiño. Amosar todas as publicacións

xoves, 19 de febreiro de 2026

Radio Corpiño: falamos un pouquiño?

 O voluntariado da biblio asiste a unha formación moi especial da radio📻

Da man de Baruk e Pablo aprenderon os rudimentos da linguaxe radiofónica e da composición de melodías, os nenos e nenas foron conscientes da importancia da palabra, da música, dos sons e dos silencios. 

Toca practicar!! E na Sala de Robótica escoitábase a un grupo de rapaces e rapazas entusiasmados/as coas gravacións de sintonías, caretas, jingles e indicativos para a nosa radio.

Algo que ao principio parecía imposible ao rematar a sesión fíxose realidade, cun traballo en equipo e con boas indicacións queda gravada a nosa sintonía para Radio Corpiño.

Polo tanto, este curso conmemoramos o día da radio, 13 de Febreiro, dándolle cada vez máis vida a nosa. Facéndoa persoal e próxima a nós, ao que somos, un cole con moitas ganas de contar cousas!

Queredes saber como foi? Póñede atención ao vídeo resumo desta sesión


Moitas gracias aos nosos formadores por tanto agarimo e bo facer, esperamos que sexa a primeira de moitas visitas.

Radio Corpiño: falamos un pouquiño?

 

venres, 8 de novembro de 2024

Radio na Biblio

Seguimos emitindo en Radio Corpiño, un ano máis estamos dentro do programa "Radio na Biblio" 👏

A Casiña de Faiuco busca dotar ao noso alumnado de diferentes técnicas e habilidades para favorecer a alfabetización múltiple, polo que Radio Corpiño proporciona diversas posibilidades para o desenvolvemento das competencias clave.

Tanto é así que o obradoiro que impartiu Sole Felloza na nosa biblioteca axudará ao alumnado a mellorar a narración oral, a súa oratoria.

Sole Felloza é actriz, contadora de historias, fotógrafa, escritora...o perfil ideal para axudar aos nenos e nenas a difundir e comunicar cada vez mellor.

Velaquí algunha foto das sesións que se fixeron este xoves na biblio.




Moitas gracias Sole por compartir con nós estas sesións tan enriquecedoras.

Apostamos pola alfabetización mediática e informacional!

luns, 26 de febreiro de 2024

13F #DíaMundialdaRadio

 A radio, un século informando, entretendo e educando. 

Con motivo do Día Mundial da Radio, a UNESCO publica unha serie de audios históricos (en inglés e con explicacións en español). 

Nós compartimos o seguinte:

 #nº18radioyeducación

E tamén nos sumamos a esta conmemoración coa posta en marcha de radio corpiño!

a nosa radio xa está no aire cun novo podcast!

Un recurso máis para "A casiña de faiuco".

o profesorado xa fixo a súa formación en radio e agora é a quenda do noso alumando. 

Comezamos gravando un podcast cos  relatos gañadores do concurso de relatos cortos e palabrerías. 

Se non tivestedes ocasión de escoitalo, aquí tedes o enlace

https://go.ivoox.com/rf/124717147



Ben, pois despois desta boa experiencia, debemos de afondar máis no tema cun "Obradoiro de Radio" dirixido ao alumnado dos grupos de 3º/4º e de 5º/6º de EP. 

Da man de Sergio Pascual, xornalista de diferentes medios de comunicación Como Radio Nacional de España ou  Europa Press, abordaron cuestións relacionadas coa linguaxe  e a creación dun contido radiofónico.








Agora sí, listos para seguir emitindo 
na Radio Corpiño!!



domingo, 1 de maio de 2022

Proxecto Documental Integrado

 Dentro do Proxecto Documental Integrado do Bosque de Faiuco, volve  

 RADIO CORPIÑO

-Investigación do alumnado de 6º curso sobre "As bidueiras" (Pica na actividade Radio Corpiño).

-Novidades na "Hortiña de Faiuco"!

-Novas fotos do coidado das nosas pitas!




martes, 15 de febreiro de 2022

13F #DíaMundialdelaRadio


O Día Mundial da Radio é unha xornada dedicada ás emisoras de radio e aos seus oíntes. Foi proclamado en 2011 pola UNESCO e elevado a Día Internacional de interese pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 2012.




A UNESCO fai un chamamento ás radios de todo o mundo para que celebren este día baixo o lema "A radio e a confianza".

No noso cole, temos a Radio Corpiño que aínda estamos a probar.




A semana que vén, conmemorando este día, virán de visita deportistas que serán entrevistados polo noso alumnado. Falaremos sobre "hábitos saudables" en relación co PDI "O bosque de fAiuco" e cos obxectivos da Axenda 2030. 

Estades atentos que iremos informando!

Se vos apetece saber máis sobre a "historia da radio", clicade no seguinte ligazón: