luns, 13 de abril de 2026
Obradoiro de radio
xoves, 19 de febreiro de 2026
Radio Corpiño: falamos un pouquiño?
O voluntariado da biblio asiste a unha formación moi especial da radio📻
Da man de Baruk e Pablo aprenderon os rudimentos da linguaxe radiofónica e da composición de melodías, os nenos e nenas foron conscientes da importancia da palabra, da música, dos sons e dos silencios.
Toca practicar!! E na Sala de Robótica escoitábase a un grupo de rapaces e rapazas entusiasmados/as coas gravacións de sintonías, caretas, jingles e indicativos para a nosa radio.
Algo que ao principio parecía imposible ao rematar a sesión fíxose realidade, cun traballo en equipo e con boas indicacións queda gravada a nosa sintonía para Radio Corpiño.
Polo tanto, este curso conmemoramos o día da radio, 13 de Febreiro, dándolle cada vez máis vida a nosa. Facéndoa persoal e próxima a nós, ao que somos, un cole con moitas ganas de contar cousas!
Queredes saber como foi? Póñede atención ao vídeo resumo desta sesión
Moitas gracias aos nosos formadores por tanto agarimo e bo facer, esperamos que sexa a primeira de moitas visitas.
Radio Corpiño: falamos un pouquiño?

.jpeg)
.jpeg)



.png)
