Amosando publicacións coa etiqueta Formación alumnado audiovisual. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Formación alumnado audiovisual. Amosar todas as publicacións

luns, 13 de abril de 2026

Obradoiro de radio

Para rematar o segundo trimestre o alumnado do terceiro ciclo de EP asistiu á segunda parte do obradoiro de radio, formación enmarcada dentro do programa Radio na Biblio, da man de Baruk e Pablo.

Coa intención de darlle máis personalidade a nosa Radio Corpiño 📻crearon e gravaron sintonías e indicativos para cada unha das posibles seccións que se poidan facer: entrevistas, información, radio en directo, anuncios radiofónicos...

Tendo en conta que a nosa radio escolar queremos que medre e tela moi presente no día a día, pensamos en posibles seccións para futuras emisións. Tanto é así, que tentamos que os "recordatorios de marca" empregados nas radios comerciais teñan cabida tamén na nosa.






Agora si, Radio Corpiño: falamos un pouquiño?

Graciñas Pablo e Baruk pola vosa disposición e agardámosvos na nosa radio.


xoves, 19 de febreiro de 2026

Radio Corpiño: falamos un pouquiño?

 O voluntariado da biblio asiste a unha formación moi especial da radio📻

Da man de Baruk e Pablo aprenderon os rudimentos da linguaxe radiofónica e da composición de melodías, os nenos e nenas foron conscientes da importancia da palabra, da música, dos sons e dos silencios. 

Toca practicar!! E na Sala de Robótica escoitábase a un grupo de rapaces e rapazas entusiasmados/as coas gravacións de sintonías, caretas, jingles e indicativos para a nosa radio.

Algo que ao principio parecía imposible ao rematar a sesión fíxose realidade, cun traballo en equipo e con boas indicacións queda gravada a nosa sintonía para Radio Corpiño.

Polo tanto, este curso conmemoramos o día da radio, 13 de Febreiro, dándolle cada vez máis vida a nosa. Facéndoa persoal e próxima a nós, ao que somos, un cole con moitas ganas de contar cousas!

Queredes saber como foi? Póñede atención ao vídeo resumo desta sesión


Moitas gracias aos nosos formadores por tanto agarimo e bo facer, esperamos que sexa a primeira de moitas visitas.

Radio Corpiño: falamos un pouquiño?

 

luns, 24 de novembro de 2025

Formación audiovisual II

 O alumnado do terceiro ciclo de Educación Primaria segue a participar nas sesións de formación sobre gravación e edición de curtas📹

Na sesión do pasado venres tocou saír ao exterior, gravaron no propio Belén. 

A intención é potenciar e mellorar o seu manexo e dominio con certos dispositivos para recoller material para a posterior fase. 

Tiveron que poñer en práctica o aprendido sobre a escolla de planos, personaxes, trama, diálogo...

Deixamos por aquí unhas cantas fotos da xornada de gravación





Graciñas Begoña por sabernos guiar tan ben 😊

mércores, 19 de novembro de 2025

Formación audiovisual

 Durante tres venres deste mes de novembro o alumnado de 5º e 6º EP participa nunha formación de creación e edición de vídeo📹

Froito dunha colaboración da nosa escola co Belén de Begonte nacen estas xornadas audiovisuais, coa finalidade de darlle ferramentas ao noso alumnado para participar no Certame Audiovisual que organizará o Belén de Begonte na próxima tempada.

Unhas sesións moi entretidas na sala de robótica a cargo de Begoña Pérez. Puideron achegarse un pouquiño máis á produción, edición e gravación dunha curta; comezando por distinguir os tipos de planos que hai e como empregalos na escena. 

Velaquí algunhas fotiños que rescatamos do blogue dos maiores do cole "terceiroCICLO" sobre a xornada do pasado venres.



Na próxima sesión, máis 😄!!