xoves, 23 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO.23/04/2020

     Ola a todos/as!

     Hoxe, 23 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro. Esta data foi elixida pola UNESCO e coincide coa morte de escritores moi importantes na historia da literatura, como Miguel de Cervantes (autor de Don Quixote da Mancha) e William Shakespeare ( autor de Romeo e Xulieta).
Como temos que estar na casa, imos celebralo subindo as fotos que nos mandastes lendo o voso libro favorito.

Moitas grazas por participar! 


Faiuco. #Euquedonafaia#