venres, 26 de abril de 2024

Cadea de Lectura

Parece que as profes están moi animadas coa lectura!

Nesta ocasión, a profe Alba de EI e a súa gatiño Fermín 

achéganos unha poesía De Gloria Fuertes.

Gatos constipados?




Encantounos!
Moitas grazas a ti e a Fermín!

Os nomeados son: Valeria e Gael de educación Infantil. 

Esperámovos prontiño!


xoves, 25 de abril de 2024

Visita de Ana Meilán

 O que a serea esqueceu, Bágoas debaixo da cama, O aire do lobo Rigoberto, Oito patas, Palmira, Quen vén esta noite?...

Siiii!!! A Casiña de Faiuco recibe a esta escritora lucense.

 

 

Ana Meilán é a nosa aposta para conmemorar a semana do libro, que mellor que facelo con ela; pois o noso alumnado coñece as súas publicacións, é da contorna, anímanos a ler, conta os contos dende o corazón...

Durante a xornada do 24 de abril, o noso alumnado puido gozar de tres sesións coa escritora, por suposto adaptadas ás idades dos lectores e lectoras.

 

 

Comezou Educación Infantil asistindo a un contacontos do libro "As chaves dos soños". Adele convidou aos peques do cole a gardar nos seus caixóns as chaves que abren os seus soños, aquelas que están atadas a un lazo azul. e metemos todas as noites debaixo da almofada.

 

 
 

 

 

O alumnado de 1º a 4º Educación Primaria sellaron os pasaportes para viaxar na súa maleta " Un universo na túa maleta", pois nun determinado momento ábrese todo un mundo que hai que explorar. 

Uns auténticos explorador@s de contos!!

 

 

 


Os maiores do cole fixeron unha sesión fantástica con " O que a serea esqueceu", escribir diaramente para non esquecer, coleccionar momentos... poñernos ao tanto do poder que ten desexar con tadas as nosas forzas algo.

Un encontro para pensar, recordar, gardar, fantasear e desexar. 

E incluso, crear unha cápsula do tempo!! Quen a abrirá?

 

 
 
 
 
e para rematar, os nenos e nenas de 5 anos fixeron a entrevista a nosa convidada en radio corpiño.

escoitádea, non a podedes perder!

 






Grazas Ana por animarnos a leer coas túas historias.





Un gusto terte pola
 Casiña de Faiuco Ana!!


martes, 23 de abril de 2024

Cadea de Lectura

Ola! seguimos coa cadea! 

e sabedes unha cousa... é unha profe, moi pero moi divertida! da un pouquiño de medo, iso si!

Escoitámola? 

Moitísimas grazas Genma

 pola túa dedicación! 

 

Os nomeados son: Mía de 3 anos e Enzo de 4 anos. Esperamos pronto a vosas propostas de lectura! 

luns, 22 de abril de 2024

Semana do Libro na Casiña de Faiuco!

Nesta ocasión centrámonos en banda deseñada.

Dende bibliotecas escolares de Galicia, este curso 2023/2024, teñen como Lema Unha biblioteca escolar en viñetas, poñendo o foco en todas as posibilidades que a banda deseñada ofrece tanto no goce lector como na aprendizaxe curricular. 

Dende a nosa escola, sumámonos a esta proposta con distintos obradoiros e visitas.









Lembra sempre o que di Faiuco

Ler é voar! 

Feliz Semana do Libro!


Luces, cámara...

 En relación ao noso PDI, visitounos Javi Díaz, director de fotografía e director creativo que traballou con importantes artistas e marcas do noso país.

Javi ensinounos, no polo creativo da nosa escola, como a travéz da luz podemos crear diferentes efectos e significados, en función da imaxe que queiramos conseguir

 

 

 
 



Ademais, fixémosle unha pequena entrevista para o noso programa de radio "RadioCorpiño" que podedes escoitar clicando na imaxe da radio.




 Moitísimas grazas Javi 

por compartir 

o teu tempo e coñecementos con nós!


luns, 8 de abril de 2024

A Cadeira Vermella

 Seguimos cos pequen@s Contacont@s.

Desta vez foi Valeria de 3 aniños, a que sentou na Cadeira Vermella para contar a historia de Cocorico.

Seguro que todos e todas coñecedes a Cocorico, se non é así, Valeria pode axudarvos.

Escoitémola!!




Con estas ganas a escoitaban os seus compañeir@s, moi atentos eles!

 


 
 
Autora: Marisa Núñez
Ilustrador: Helga Bansch

Estupendo Valeria!!



A cadeira Vermella

 Pequen@s contacont@s en Educación Infantil

A Cadeira Vermella non cesa, Carla fixo que gozáramos con ela e a cebra Camila, un conto entretido no que o vento bandido lle xoga unha mala pasada a Camila.

Carla cóntanos como con axuda dos seus amigos, Camila, logra superar a súa pena.

Así de ben  o fixo Carla!!





Por suposto, cando un neno ou nena da aula comparte con nós a lectura do conto que levou á casa, escoitamos con moita atención.

 




Autora: Marisa Núñez

Ilustrador: Óscar Villán

 

Moi ben Carla, gracias!!

xoves, 4 de abril de 2024

Cadea de Lectura

A modiño, a modiño, vamos avanzando!

Esta vez, recibimos o vídeo de Sabela Lamas de Educación Infantil. 

Aínda que está iniciándose na lectoescritura, comparte con nós un anaco de "Unha Unicornia", de Miguel Ángel López González (o Hemotocrítico).

A súa nai María acompáñaa e xuntas comparten este máxico momento. 


Que ben o fixeches Sabela! 
Graciñas!


As nomeadas son: Alba e Genma, mestras dos grupos de infantil.

  Estaremos esperando a súas lecturas con moitas ganas!


martes, 2 de abril de 2024

A Cadeira Vermella

Os nenos e nenas de Educación Infantil non deixan a súa boa rutina semanal de visitar a Casiña de Faiuco.

Bruno levaba tempo esperando a súa quenda para facer a cadeira vermella, estaba ansioso por contar o conto.

Escoitádeo, fíxoo moi ben!!


Se o conto de por sí, é fermoso, na voz de Bruno ten un encanto especial. Os nenos e nenas da clase pasaron un bo rato escoitando ao seu compañeiro.

Quen será o próximo en sentar na cadeira?


 
Autor e Ilustrador: Michael Grejniec


Bruno, foi un pracer escoitarte!
 

 

venres, 22 de marzo de 2024

21M Día Mundial da Poesía


Para conmemorar esta data, o alumnado de infantil traballou unha poesía do libro de Leire Bilbao, "Bechopoemas".
 
Aproveitando a chegada da primaveira e con ela o bichiños que tanto lle gustan, coñeceron o poema "O canto nocturno do grilo".






O pasaron así de ben!

 


En Educación Primaria, tamén conmemoraron este día con unha morea de poesías na "Radio da Escola". A maioría destas poesías están relacionadas co noso Proxecto Documental Integrado que este ano, como xa sabedes, céntrase na cultura cinematográfica. 
 
Os primeiros foron o máis pequerrechos!
 
 

 
Podedes escoitalos a tod@s en Ivoox!
 Clicade na imaxe!
 
 
 
 

martes, 19 de marzo de 2024

Cadea de Lectura

 O 21 de marzo, conmemórase o Día Mundial da Poesía, e sabedes? a lectura de Martiño de 1º curso é un texto poético, lenos un anaco do poema "Labrego" dos "Soños na Gaiola" de Manuel María. Escoitámolo?


 

 Moitas grazas Martiño por 

compartir a túa lectura!


Prestade atención aos nomeados!  Nesta ocasión, son Marcos de 2º curso e Sabela Lamas de Infantil.

A prepararse!


xoves, 14 de marzo de 2024

Cadea de Lectura

 Temos lista para escoitar a lectura de Aroa de 2º curso! A que está moi ben acompañada?



Xenial Aroa!

A nomeada é a súa compañeira Uxía! 


martes, 12 de marzo de 2024

A VOZ DO CORPIÑO

 

- O xornal de Faiuco -

A 3º ed. do xornal do cole xa na rúa!

 

 

O alumnado voluntariado de 5º e 6º curso, foi o encargado de repartilo á saída da escola!



Noticias novas!



domingo, 10 de marzo de 2024

#8M Día Internacional da Muller

 

- Educar na igualdade -


Ao longo de todo o curso, traballamos en prol da igualdade de xénero, formando unha cidadanía crítica e responsable. 

Dende a Biblioteca Escolar, coordinamos distintas actividades para conmemorar o  #8M en relación ao noso proxecto Documental Integrado "Luces, cámara, acción... Rodamos con Faiuco!

O XOVES 7, proxectamos a película "Valentina" da directora Chelo Loureiro. 












Tal como anunciáramos, o venres 8, recibimos a visita de María Barro, unha das productoras do film. 

Contounos a súa experiencia profesional e falounos sobre o rol da muller no cine. 

Tamén compartiu con nós novos proxectos!





 O noso alumnado previamente investigou sobre a súa biografía. 
O máis pequerrechos con moitísima
dedicación! Traballaron sobre o papel da muller produtora de cine e tamén fixeron a María en cartón e, nun bocadillo, debuxaron a todos os personaxes da película Valentina. 



Por último, foi entrevistada na nosa Radio por alumnado de Infantil e Primaria.

 PODEDES ESCOITAR A ENTREVISTA COMPLETA NO SEGUINTE ENLACE: https://go.ivoox.com/rf/125709259




Moitísimas grazas pola túa visita
e por compartir a 
túa profesión con nós!


Ademais deste encontro,  ao longo da semana e para conmemorar este día, os nenos e nenas fixeron distintas actividades de investigación sobre mulleres relacionadas co mundo do cine, reivindicando o seu labor.

Todo ese traballo foi compartido no mural do primeiro andar da nosa escola e na próxima edición da "Voz do Corpiño".