Amosando publicacións coa etiqueta Cadea "Lectura a viva voz". Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cadea "Lectura a viva voz". Amosar todas as publicacións

luns, 27 de maio de 2024

Cadea de Lectura

 Esta cadea cada vez crece máis!!

Faiuco está encantado coa participación que tivo a proposta e non é para menos, estivo moi ben.

Carla, de tres aniños, non quixo quedar atrás e esta é a súa proposta de lectura.

Imos escoitala

Fenomenal Carla!

nesta ocasión non houbo nominados, polo que é unha boa oportunidade para engancharse á cadea se vos apetece...xa queda menos para rematala.

Animádevos!!
 

luns, 13 de maio de 2024

Cadea de Lectura

 Outro vídeo máis para continuar coa nosa cadea de lectura, desta vez da man da profe Laura.

Laura conta a historia de tres paxariños: Pío, Pía e Pi.

 que lles ocorrerá? Contarán a  historia dende unha xaula ou voando entre as árbores?

Se o queredes saber só tedes que pinchar no vídeo e escoitala.


Os nominados son Carla de 3 anos e Bruno de 5, esperamos as vosas lecturas.

Moitas gracias Laura por seguir a nosa cadea!

Foi un pracer recibirte na nosa aula.

luns, 6 de maio de 2024

Cadea de Lectura

Seguimos coa cadea de lectura e desta vez por partida dobre; Leire e Gael de Educación Infantil.

Gael fai unha lectura moi entretida de Mimi, alguén coñece esta gatiña? parece un pouco traviesa...

Fixádevos que ben o conta!!


Leire escolleu para esta cadea de lectura un conto que fala do especial que somos todos e todas, escoitádea porque o fixo realmente ben.


Moi ben, que siga a cadea!! Gracias por compartir con nós o voso tempo de lectura.

Gael dedice deixar liberdade absoluta para que quen queira se una á cadea, sen embargo Leire nomina a Aitana de 4 anos e a profe Laura.

Anímadevos!!




xoves, 2 de maio de 2024

Cadea de Lectura

 Na lectura de hoxe, temos a participación dunhas das alumnas mais pequenas do cole. Con moito entusiasmo; cóntanos unha historia sobre o medo. e ti, a que tes medo?




 Que ben Mía! 
Fantástica a túa lectura!


Os nomeados son: Ander e Ares de 3 anitos. noraboa!

venres, 26 de abril de 2024

Cadea de Lectura

Parece que as profes están moi animadas coa lectura!

Nesta ocasión, a profe Alba de EI e o seu gatiño Fermín 

achéganos unha poesía De Gloria Fuertes.

Gatos constipados?




Encantounos!
Moitas grazas a ti e a Fermín!

Os nomeados son: Valeria e Gael de educación Infantil. 

Esperámovos prontiño!


martes, 23 de abril de 2024

Cadea de Lectura

Ola! seguimos coa cadea! 

e sabedes unha cousa... é unha profe, moi pero moi divertida! da un pouquiño de medo, iso si!

Escoitámola? 

Moitísimas grazas Genma

 pola túa dedicación! 

 

Os nomeados son: Mía de 3 anos e Enzo de 4 anos. Esperamos pronto as vosas propostas de lectura! 

xoves, 4 de abril de 2024

Cadea de Lectura

A modiño, a modiño, vamos avanzando!

Esta vez, recibimos o vídeo de Sabela Lamas de Educación Infantil. 

Aínda que está iniciándose na lectoescritura, comparte con nós un anaco de "Unha Unicornia", de Miguel Ángel López González (o Hemotocrítico).

A súa nai María acompáñaa e xuntas comparten este máxico momento. 


Que ben o fixeches Sabela! 
Graciñas!


As nomeadas son: Alba e Genma, mestras dos grupos de infantil.

  Estaremos esperando a súas lecturas con moitas ganas!


martes, 19 de marzo de 2024

Cadea de Lectura

 O 21 de marzo, conmemórase o Día Mundial da Poesía, e sabedes? a lectura de Martiño de 1º curso é un texto poético, lenos un anaco do poema "Labrego" dos "Soños na Gaiola" de Manuel María. Escoitámolo?


 

 Moitas grazas Martiño por 

compartir a túa lectura!


Prestade atención aos nomeados!  Nesta ocasión, son Marcos de 2º curso e Sabela Lamas de Infantil.

A prepararse!


xoves, 14 de marzo de 2024

Cadea de Lectura

 Temos lista para escoitar a lectura de Aroa de 2º curso! A que está moi ben acompañada?



Xenial Aroa!

A nomeada é a súa compañeira Uxía! 


martes, 5 de marzo de 2024

Cadea de Lectura

 Seguimos sumando participantes á nosa cadea.

Nesta ocasión é a quenda de Irene e Uxía, as dúas escolleron contos que tiñan como personaxes principais animais.

No caso de Irene o conto titúlase " O elefante que non era elefante"

Imos escoitala!


Uxía, escolleu o conto " O gato que non quería ter pelo" Conseguirá librarse do pelo?

 a ver que nos conta, estade atent@s!


As nominadas son: Luz de 2º, Aroa de 5º, Sabela e Cristina de 2º por partida dobre.

Fixéstelo moi ben chicas, graciñas!!


mércores, 28 de febreiro de 2024

Cadea de lectura

 Novas lecturas! Dani elixiou o libro "Los forasteros del tiempo" de Roberto Santiado e Mateo un clásico da literatura infantil, "O principiño" de Antonie Saint Exupery. 

Shhhh! A escoitar! 





Moitas grazas por compartilas!

E por último nesta entrada, tamén contamos coa lectura de Andrea. ela léenos un anaquiño do conto "Aprender a dicir que non" da colección Emociones.


Graciñas Andrea!

As nomeadas son: a profe Noelia e Sabela de 5º curso!


luns, 26 de febreiro de 2024

Cadea de lectura

 Que feliz está Faiuco! A cadea sigue avanzando!

Nesta ocasión, contamos con Ángel de 1º curso e  Hugo F. de 2º curso de EP.  Primeiro, Ángel contounos un anaquiño do conto "¿A que sabe a lúa? e logo Hugo, do conto "A colección de galletas".

Escoitámolos?





Moitas grazas aos dous! 
Fixéronlo xenial!


Os nomeados son: Sara de 1º curso e Marcos V. de 2º curso de EP. 

A preparar con entusiasmo a vosa 

lectura para compartir!


xoves, 22 de febreiro de 2024

Cadea de lectura

 Estrénanse na "lectura a viva voz" o grupo de 1º curso de primaria!

Nesta ocasión é Pablo,  que comparte un fragmento da lectura do libro titulado "El cocodrilo que vino a cenar" de Steve Smallman e, a profe Paula, acompañada da súa cadela Tana. Escoitádeos!

 


 Bravo Pablo! Graciñas por compartir a túa lectura!


Moitas grazas Paula e Tana!

Os nomeados son: Andrea de 5º curso e Ángel máis Naila de 1º curso.

Noraboa!


mércores, 21 de febreiro de 2024

Cadea de lectura

 A modiño seguimos avanzando!

Xa temos a lectura de Daniella de Educación Infantil e Hugo C. de 2º curso de Educación Primaria. 

Prestade moita atención!

 


Pero canto entusiasmo! Moitas grazas Daniella!



Que interesane este libro sobre animais!
Grazas por compartir a túa lectura Hugo!
 
Agora sí, a repasar os nominados! De Infantil, Samuel e Leire do grupo de 5 anos e, Nayara do grupo de 3 anos; de Primaria, Irene e Marcos de 2º curso.
 
 
Enhoraboa, comenza o voso anaquiño de lectura compartida!


venres, 16 de febreiro de 2024

Cadea de lectura

 Unha nova participante da cadea! 

Nesta ocasión, comparte un anaquiño de lectura, Ainara acompañada  da súa irmá, Aitana. As dúas moi entretidas cos libros!

 


        Moitísimas grazas! Xenial Ainara!         

 

As novas nomeadas son: Aroa e a profe María de 2º curso! A divertirse con novas lecturas! 

 

 

 

xoves, 15 de febreiro de 2024

Cadea de lectura

 Xa temos nosos primeiros participantes!

Iniciamos a cadea "Lectura a viva voz", con Lucas e Sofía máis tres  nominados.

Escoitámolos?





Faiuco agradélles a vosa participación
Fixérono XENIAL!


Por certo, xa descubrimos os nomeados! Aroa de 2º, Pablo de 1º e a profe Paula. A ler e compartir!