venres, 22 de marzo de 2024
21M Día Mundial da Poesía
venres, 24 de marzo de 2023
21M -Día Mundial da Poesía-
A conmemoración deste día, é unha ocasión para honrar aos poetas, revivir tradicións orais de recitais de poesía, promover a lectura, a escritura e fomentar a converxencia entre a poesía e outras artes como o teatro, a danza, a música e a pintura, en resumo, aumentar a súa visibilidade.
Neste sentido, o noso alumnado comparte textos poéticos de Federico García Lorca.
Inician os pequenos da aula de 3 e 4 anos co Poema, "canción bonita".
Que ben o fixeron!
luns, 28 de marzo de 2022
#DíaMundialdaPoesía
luns, 21 de marzo de 2022
#DíaMundialdaPoesía
Aínda seguimos gozando de lecturas poéticas, nesta ocasión tocoulle ao alumnado de 6º curso.
Bravo chic@s!
#DíaMundialdaPoesía
Ao longo do día fixéronse distintas actividades.
"Poesía por un tubo"
domingo, 20 de marzo de 2022
#DíaMundialdaPoesía
Este 21 de marzo celebramos o Día Mundial da Poesía.
Cal é a orixe desta conmemoración?
Foi a UNESCO, durante a súa 30° reunión en París en outubro-novembro de 1999, o organismo que decidiu proclamar o 21 de marzo, como Día Mundial da Poesía.
Cal é o seu obxectivo?
Segundo a UNESCO, o obxectivo é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e fomentar a visibilización daquelas linguas que se atopan en perigo.
Por que é importante a poesía?
A poesía contribúe á diversidade creativa ao cuestionar a forma na que usamos as palabras e o noso modo de percibir a realidade.
"Exprésase de maneira diferente e consegue comunicar cousas de maneira diferente".
Dende a nosa escola, quixemos propoñerlle ao alumnado que compartese un fragmentiño de algunha lectura poética.
E así de ben o fixeron os nenos e nenas de 3º e 4º curso!









