domingo, 20 de marzo de 2022

#DíaMundialdaPoesía


 Este 21 de marzo celebramos o Día Mundial da Poesía.




Cal é a orixe desta conmemoración?

Foi a UNESCO, durante a súa 30° reunión en París en outubro-novembro de 1999, o organismo que decidiu proclamar o 21 de marzo, como Día Mundial da Poesía.


Cal é o seu obxectivo?

Segundo a UNESCO, o obxectivo é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e fomentar a  visibilización daquelas linguas que se atopan en perigo. 


Por que é importante a poesía?

A poesía contribúe á diversidade creativa ao cuestionar a forma na que usamos as palabras e o noso modo de percibir a realidade. 


"Exprésase de maneira diferente e consegue comunicar cousas de maneira diferente".


Dende a nosa escola, quixemos propoñerlle ao alumnado que compartese un fragmentiño de algunha lectura poética. 

E así de ben o fixeron os nenos e nenas de 3º e 4º curso!







Ningún comentario:

Publicar un comentario