Amosando publicacións coa etiqueta A hortiña de Faiuco. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A hortiña de Faiuco. Amosar todas as publicacións

xoves, 23 de abril de 2026

A hortiña de Faiuco

 Coa chegada do bo tempo hai que poñer a punto a hortiña de Faiuco.

Cada aula ten a responsabilidade dun dos bancais, neste caso imos mostrar o traballo que fixo a aula de 5º e 6º no seu.

Este foi o seu procedemento:

🌱 Preparar o bancal, sacando as malas herbas e reservando os cultivos que puideron ser transplantados.

🌱 Transplantar os amorodos ás macetas, puxeron moito coidado en non danar as plantas para que seguiran florecendo á espera de brotar os froitos.

🌱Documentáronse sobre o cultivo escollido; as patacas. Empregaron libros de divulgación da biblioteca e rexistraron os datos en fichas.

🌱Antes de plantar, experimentaron na sala de arte coas características da pataca: o proceso de oxidación, sobre o almidón e como condutora de electricidade.

🌱 Xa na horta, prepararon a terra e fixeron os sucos. 

🌱 Botaron as patacas e identificaron cun cartel o seu cultivo.

No seguinte vídeo podedes ver as imaxes do proceso:



Que a colleita sexa boa rapaces!!😀


mércores, 30 de abril de 2025

A hortiña de Faiuco

Agora si!! 
Xa temos listos os nosos bancais para continuar coas labores na Hortiña de Faiuco 🙉

O noso proxecto " Oído Cociña!" require dun traballo menucioso na horta pois, os alimentos na cociña teñen que ser da mellor calidade posible👌

Os nenos e nenas neste proxecto transversal da horta adquiren valores de responsabilidade, conciencia ecolóxica, traballo en equipo, desenvolvemento de múltilples habilidades...non só é plantar verduras ou froitas senón conectar ao alumnado cos procesos naturais, respectar os tempos da terra e valorar a nosa contorna.

Neste espazo de encontro o noso alumnado fixo diversas plantacións: fresas, chícharos, leitugas e xudías. 

E tamén algunha planta aromática 🌴🌿



Bo traballo nenos e nenas!!


luns, 15 de maio de 2023

ENTRE A HORTA E O GALIÑEIRO





 


Neste curso 2022-2023, igual co anterior, continuamos co proxecto transversal, "A HORTIÑA DE FAIUCO".

 

Cal e a razón pola que avanzamos neste proxecto?


A razón é que, crear unha horta escolar,  achega multitude de beneficios ao alumnado. Algúns destes beneficios son:


 Desenvolvemento de habilidades motrices. Plantar a horta require remover a terra e utilizar ferramentas coas mans como pas ou regaderas, polo que os nenos e nenas mellorarán as súas habilidades motrices.

Traballo en equipo, grupos colaborativos. As hortas escolares requiren que o grupo de nenos e nenas sigan as indicacións do profesorado e que se coordinen entre eles para repartir todas as labores que hai que facer. O traballo en equipo será unha habilidade que utilicen ao longo da súa vida e promoverá, ademais, valores como o respecto ou a igualdade.

Responsabilidade. Cada neno e nena asumirá unha responsabilidade en relación á horta e isto ensinaralles a importancia de tomar decisións, asumir as consecuencias das mesmas e actuar con dilixencia.

Sustentabilidade. As hortas escolares poden ser unha forma de ensinar aos nenos e nenas a importancia da sustentabilidade. Por exemplo, pódese utilizar o que se refugue da horta como abono natural dos próximos cultivos, o aproveitamento da auga e a importancia do seu coidado. 

Aprendizaxe sobre os alimentos. As hortas escolares son unha forma de que os nenos e nenas aprendan as vitaminas que ten cada froita ou verdura, que alimentos son máis sans, ou como elaborar comidas nutritivas cos produtos que se cultivan.






A nosa horta xa está empezando a dar os seus primeiros froitos!





Tamén temos o galiñeiro! Nos organizamos, coidamos e recollemos os ovos das nosas pitas para logo facer ricas receitas que compartimos no "Recetairo de Faiuco" que está na biblioteca. 








domingo, 29 de maio de 2022

Proxecto Documental Integrado

 Novidades no noso PDI "O bosque de Faiuco":

- Na hortiña, o grupo de 5º curso, investigou e plantou espinacas!

- Nos grupos mixtos de 1º/2º e 3º/4º, realizaron o seu calendario e coidan dos seus cultivos.

- En infantil, xa teñen amorodos!

- En 1º e 2º, interpretaron o rap "Naturalízate".

Tamén, semana tras semana, noso alumnado segue coidando das pitas.

Un traballo en equipo! Parabéns!


domingo, 1 de maio de 2022

Proxecto Documental Integrado

 Dentro do Proxecto Documental Integrado do Bosque de Faiuco, volve  

 RADIO CORPIÑO

-Investigación do alumnado de 6º curso sobre "As bidueiras" (Pica na actividade Radio Corpiño).

-Novidades na "Hortiña de Faiuco"!

-Novas fotos do coidado das nosas pitas!