luns, 15 de maio de 2023

ENTRE A HORTA E O GALIÑEIRO





 


Neste curso 2022-2023, igual co anterior, continuamos co proxecto transversal, "A HORTIÑA DE FAIUCO".

 

Cal e a razón pola que avanzamos neste proxecto?


A razón é que, crear unha horta escolar,  achega multitude de beneficios ao alumnado. Algúns destes beneficios son:


 Desenvolvemento de habilidades motrices. Plantar a horta require remover a terra e utilizar ferramentas coas mans como pas ou regaderas, polo que os nenos e nenas mellorarán as súas habilidades motrices.

Traballo en equipo, grupos colaborativos. As hortas escolares requiren que o grupo de nenos e nenas sigan as indicacións do profesorado e que se coordinen entre eles para repartir todas as labores que hai que facer. O traballo en equipo será unha habilidade que utilicen ao longo da súa vida e promoverá, ademais, valores como o respecto ou a igualdade.

Responsabilidade. Cada neno e nena asumirá unha responsabilidade en relación á horta e isto ensinaralles a importancia de tomar decisións, asumir as consecuencias das mesmas e actuar con dilixencia.

Sustentabilidade. As hortas escolares poden ser unha forma de ensinar aos nenos e nenas a importancia da sustentabilidade. Por exemplo, pódese utilizar o que se refugue da horta como abono natural dos próximos cultivos, o aproveitamento da auga e a importancia do seu coidado. 

Aprendizaxe sobre os alimentos. As hortas escolares son unha forma de que os nenos e nenas aprendan as vitaminas que ten cada froita ou verdura, que alimentos son máis sans, ou como elaborar comidas nutritivas cos produtos que se cultivan.






A nosa horta xa está empezando a dar os seus primeiros froitos!





Tamén temos o galiñeiro! Nos organizamos, coidamos e recollemos os ovos das nosas pitas para logo facer ricas receitas que compartimos no "Recetairo de Faiuco" que está na biblioteca. 








Ningún comentario:

Publicar un comentario