Amosando publicacións coa etiqueta proxecto documental integrado. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proxecto documental integrado. Amosar todas as publicacións

domingo, 1 de maio de 2022

Proxecto Documental Integrado

 Dentro do Proxecto Documental Integrado do Bosque de Faiuco, volve  

 RADIO CORPIÑO

-Investigación do alumnado de 6º curso sobre "As bidueiras" (Pica na actividade Radio Corpiño).

-Novidades na "Hortiña de Faiuco"!

-Novas fotos do coidado das nosas pitas!




luns, 7 de marzo de 2022

luns, 21 de febreiro de 2022

"O bosque de Faiuco"

 O noso bosque segue medrando! Posta en marcha a Misión o freixo!

O alumnado do grupo de 3º e 4º inicia a súa investigación!



mércores, 16 de febreiro de 2022

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

 Novas actividades! O bosque de Faiuco segue medrando!

  • Misión: a menta
  • Novidades na Misión a lavanda!
  • Misión: o carballo
  • As formigas
  • Misión: O castiñeiro
  • Misión: O bidueiro

martes, 15 de febreiro de 2022

13F #DíaMundialdelaRadio


O Día Mundial da Radio é unha xornada dedicada ás emisoras de radio e aos seus oíntes. Foi proclamado en 2011 pola UNESCO e elevado a Día Internacional de interese pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 2012.




A UNESCO fai un chamamento ás radios de todo o mundo para que celebren este día baixo o lema "A radio e a confianza".

No noso cole, temos a Radio Corpiño que aínda estamos a probar.




A semana que vén, conmemorando este día, virán de visita deportistas que serán entrevistados polo noso alumnado. Falaremos sobre "hábitos saudables" en relación co PDI "O bosque de fAiuco" e cos obxectivos da Axenda 2030. 

Estades atentos que iremos informando!

Se vos apetece saber máis sobre a "historia da radio", clicade no seguinte ligazón:



domingo, 13 de febreiro de 2022

Novas actividades no PDI!

 O noso trasno andou polas aulas!

Novas actividades:

-Correo de Faiuco

-Misión: a lavanda

-Misión: o romero

Lembra clicar na actividade que queiras visualizar!


xoves, 27 de xaneiro de 2022

Xornadas de formación

 Iniciamos as Xornadas de formación con Rosa piquín, propulsora dos Proxectos documentais integrados (PDI).

A longo dos anos, a súa proposta foi asentándose e fortalecendo un modelo de ensino acorde á sociedade actual. 

Tal como explica, os PDI, son proxectos porque se desenvolven mediante unha metodoloxía activa e colaborativa. Son documentais, porque a partir dos fondos que atesouran as nosas bibliotecas escolares, os nenos e nenas constrúen o seu coñecemento, son capaces de ser creativos e de comunicar o que entenden. E son integrados porque ademais permiten integrar aprendizaxes de diferentes disciplinas e serven para achegar o mundo escolar a vida diaria. 

Todo o equipo da biblioteca estivo presente nestes días de formación.




Moitísimas grazas Rosa!



xoves, 2 de decembro de 2021

Por unha alimentación sa!


A partir do luns 13 de decembro comezamos co "Día da froita". 



Os luns e mércores traeremos para a merenda, unha froita!
conscientes de promover xunto ás familias os hábitos
 saudables, iniciamos esta nova campaña.
 



domingo, 28 de novembro de 2021

domingo, 21 de novembro de 2021

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

 Novas actividades no "Bosque de Faiuco"! 

Para unha visualización máis rápida, clicade en actividades e logo xa sae o índice cos distintos títulos.

As últimas actividades:

  • Risas con sabor a outono! (6º de primaria)
  • Nos bosques galegos (6º de Infantil)
  • Tesouros outonais (1º e 2º de primaria)
  • Xabaril corazón (6º de infantil)

mércores, 17 de novembro de 2021

xoves, 31 de xaneiro de 2019

Que ben o pasamos na Prehistoria!


Durante o primeiro trimestre, o noso amigo Faiuco viaxou nada máis e nada menos que ata a Prehistoria, utilizando a súa incrible máquina do tempo. Canto aprendimos grazas ás súas aventuras! Agora contounos que é o momento de seguir percorrendo a liña do tempo e para iso vixaría de novo na súa máquina. A onde irá desta vez a nosa querida mascota da biblioteca?

xoves, 1 de novembro de 2018

Primeira viaxe de Faiuco na máquina do tempo: A PREHISTORIA


Faiuco iniciou a súa nova aventura, que o levará por distintas épocas históricas para coñecer todos os segredos do pasado.

Faiuco e a máquina do tempo



"Faiuco e a máquina do tempo" é o novo Proxecto Documental Integrado que se está a desenvolver no CEIP Virxe do Corpiño de Begonte baixo a coordinación da Biblioteca Escolar.

luns, 12 de decembro de 2016

Faiuco sae no periódico!


O pasado 12 de decembro, o periódico local "El Progreso" publicou unha ampla reportaxe sobre o Proxecto Documental Integrado "Faiuco é Astronauta" no que se abordan todas as actividades realizadas en relación coa aventura espacial da nosa mascota da biblioteca.

venres, 25 de novembro de 2016

Compartindo o aprendido!



Despois de varias semanas investigando sobre o Sistema Solar, os nenos e nenas do colexio xuntáronse nun marco incomparable para compartir os seus coñecementos.

mércores, 15 de xuño de 2016

A Biblioteca do cole xa é un fermoso planetario!


Despois de varios meses de duro traballo, conseguímolo! Completamos outra das misións que nos encargou Faiuco dende o espazo: a transformación da biblioteca do noso cole nun auténtico planetario.

Investigamos o Sistema Solar!


Fai un tempo chegounos unha carta de Faiuco. Nela propúxonos a misión de investigar por cursos algúns dos elementos máis importantes do noso sistema solar, como os planetas, o Sol, a Lúa... ademais de organizar unha exposición para compartir a información con todos os compañeiros e compañeiras do cole. Así que puxémonos mans á obra. Dito e feito!

martes, 14 de xuño de 2016

Aprendemos polígonos a través das constelacións!


Que mellor forma de coñecer os polígonos na clase de matemáticas que facelo a través das formas das estrelas no universo! Así pensaron os alumnos de 3º e 4º de Primaria, decididos a aprender matemáticas dun xeito diferente e aportando outro pequeno grao de area ao proxecto documental integrado que estamos a levar a cabo dende a biblioteca escolar: "Faiuco é astronauta".