martes, 14 de xuño de 2016

Aprendemos polígonos a través das constelacións!


Que mellor forma de coñecer os polígonos na clase de matemáticas que facelo a través das formas das estrelas no universo! Así pensaron os alumnos de 3º e 4º de Primaria, decididos a aprender matemáticas dun xeito diferente e aportando outro pequeno grao de area ao proxecto documental integrado que estamos a levar a cabo dende a biblioteca escolar: "Faiuco é astronauta".

Partimos das preguntas: ¿Sabedes o que é unha constelación? ¿Coñecedes as fomas que teñen?

Para darlles resposta, acudimos a biblioteca do cole e puxémonos a investigar en internet e nalgún libro. Pronto descubrimos que unha constelación é un conxunto de estrelas cunha forma determinada e que o universo está cheo delas.



A partir desa primeira información puidemos aprender algúns conceptos como o que son as liñas poligonais abertas e pechadas, en que consiste un polígono, e que tipos de polígonos existen segundo o seu número de lados, vértices e ángulos. 


Máis tarde, por grupos, escollimos algunhas constelacións e tratamos de analizalas para descubrir as liñas poligonais e polígonos que contiñan e fixemos fichas de cada unha delas.




Por último, para decorar o pasillo de entrada a bilioteca, debuxámolas a tamaño grande no papel craft cun rotulador plateado e algunhas estrelas que debuxamos e recortamos previamente.



Ningún comentario:

Publicar un comentario