xoves, 1 de novembro de 2018

Faiuco e a máquina do tempo



"Faiuco e a máquina do tempo" é o novo Proxecto Documental Integrado que se está a desenvolver no CEIP Virxe do Corpiño de Begonte baixo a coordinación da Biblioteca Escolar.


Despois das súas exitosas andainas polo espazo a bordo da súa nave espacial, a nosa querida mascota da biblioteca, Faiuco, recibe un regalo moi especial: unha máquina para viaxar polo tempo. Sen perder nin un segundo, decide traela ao cole e demanda a nosa axuda unha vez máis para axudar a poñela en marcha.
Nós trataremos de axudarlle investigando todos os segredos de todas as épocas ás que viaxe a través de procuras en internet, lecturas na biblioteca e a través da mochila viaxeira, xogos de programación e robótica, obras de teatro, elaboración de cómics, visitas didácticas, traballo con códigos QR e moitas cousas máis.
De novo, lanzámonos á aventura!

Ningún comentario:

Publicar un comentario