venres, 25 de novembro de 2016

Compartindo o aprendido!



Despois de varias semanas investigando sobre o Sistema Solar, os nenos e nenas do colexio xuntáronse nun marco incomparable para compartir os seus coñecementos.

Cada curso investigou aqueles planetas e astros que Faiuco lles propuxo, elaboraron murais para apoiar as exposicións e mesmo decoraron os planetas que se colocaron no gran planetario da biblioteca.




O alumnado de 5º e 6º puxo o colofón final á xornada cunha obra de teatro sobre os Planetas que podedes ver aquí:


Ningún comentario:

Publicar un comentario