xoves, 1 de decembro de 2016

O Día da Biblioteca!


Despois de recibir a invitación dende o espazo do noso amigo Faiuco, o pasado 24 de outubro, acudimos á biblioteca, para conmemorar "O Día das Bibliotecas Escolares".

Primeiramente, os nenos e nenas de Primeiro e Segundo de Primaria relataron as posibilidades que ofrece e a súa potencialidade como factor de calidade do ensino no noso centro, así como a importancia de coñecer a súa organización e o seu funcionamento.


A profe Ana contounos unha dos centos de historias que agocha a nosa biblioteca. Ademais, recollimos as mochilas viaxeiras e os carnets de bibliotecarios que nos tiña preparados Faiuco, cos que este ano poderemos levar libros de préstamo para as nosas casas.




Tamén se nos comunicou que neste curso, a biblioteca abrirá durante os recreos de mediodía nos días de choiva, co que poderemos ir ler ou facer algún traballo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario