xoves, 1 de decembro de 2016

Celebramos o Samaín!


O pasado venres 28 de outubro celebramos a festa máis terrorífica do ano, o Samaín, e a nosa biblioteca foi un dos escenarios principais da festa.



Despois de pasar a mañá recibindo algún que outro susto, e traballando o Samaín nas aulas, pola tarde acudimos á biblioteca do cole, onde houbo espazo para obras de teatro, exposición e concurso de cabazas, cancións e mesmo vimos un corto de medo, "A Bruxa Regañadentes", que nos puxo os pelos de punta. Pasámolo xenial!








Ningún comentario:

Publicar un comentario