Amosando publicacións coa etiqueta Día das Bibliotecas Escolares. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das Bibliotecas Escolares. Amosar todas as publicacións

luns, 24 de outubro de 2022

#DíadasBibliotecasEscolares - PDI Faiuco e o coidado da hidrosfera -

 

Coincidindo co Día das Bibliotecas Escolares, Faiuco presentounos o novo Proxecto Documental Integrado que xurdiu do interese do noso alumnado polos animais do mar. O PDI titúlase "Faiuco e o coidado da hidrosfera".








Visionamos o vídeo Que é a hidrosfera para ti?  co obxectivo que ao finalizar o PDI sexan capaces de valorar as aprendizaxes adquiridas duranto o proceso.





 Rosiña, a amiga de Faiuco,  tamén estivo con nós!





Transmitíronnos a súa preocupación polo coidado da hidroesfera, a necesidade de aforro da auga, de unha xestión responsable, a importancia da auga potable, da contaminación...



 Fixéronnos reflexionar e decidimos poñernos mans a obra!








domingo, 24 de outubro de 2021

Conmemoración do Día das Bibliotecas Escolares


24 de outubro



En 1997, a Asociación española de amigos do libro Infantil e xuvenil en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, propón celebrar o Día das Biblioteca o 24 de outubro, para concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao labor dos bibliotecarios e bibliotecarias. 

Se queredes saber máis do por que se celebra este día, clicade no seguinte enlace:


No noso cole fixéronse distintas actividades,
o alumnado de 5º de EP investigou sobre as bibliotecas do mundo.


Os nenos e nenas de 2º de EP recomendaron os seus libros favoritos.



No curso mixto de 3º e 4º imaxinaron a súa futura biblioteca, describírona e ilustrárona.



Os peques de 6º de EI traballaron co libro "A montaña máis alta do mundo" e fixeron a súa propia.



E aínda queda o luns para continuar coas actividades!

xoves, 1 de decembro de 2016

O Día da Biblioteca!


Despois de recibir a invitación dende o espazo do noso amigo Faiuco, o pasado 24 de outubro, acudimos á biblioteca, para conmemorar "O Día das Bibliotecas Escolares".