Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Documental Integrado "Faiuco e o coidado da hidrosfera". Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Documental Integrado "Faiuco e o coidado da hidrosfera". Amosar todas as publicacións

xoves, 8 de xuño de 2023

PDI "Faiuco e o coidado da hidrosfera"

 

       O alumnado de 5º e 6º curso de EP, desenvolveu no terceiro trimestre, un taller de marionetas no Polo Creativo. 

   Comenzaron creando unha historia que leva por título "Faiuco, o defensor da auga"; en relación ao PDI que estivemos a traballar este curso. 

   Unha vez escrita a narración e convertida en obra de teatro, construíron as marionetas coa axuda de David, o papá de Noa. 

   Agora continuarán cos ensaios para a posterior dramatización da obra; que será presentada na biblioteca ao resto de compañeir@s do colexio. 

 

 



 

Moitísimas grazas David!

Enhoraboa a todo o alumnado 

polo seu traballo!


   

   Seguimos avanzando no modelo de biblioteca escolar do s. XXI, deseñado como "laboratorio creativo de aprendizaxes" aberto a toda a comunidade escolar promovendo multialfabetismos, creatividade, expresión, comunicación e colaboración. 

 

 

domingo, 4 de xuño de 2023

PDI "Faiuco e o coidado da hidrosfera"

 

   En 3º e 4º curso de EP, en relación ao noso Proxecto Documental Integrado, investigaron sobre a auga no concello de Begonte.



      Coa axuda das familias, recolleron información sobre lagoas, fontes, ríos e acuíferos do municipio. Descubriron que a importancia dos seus ecosistemas acuáticos é tan relevante que se inclúen na Reserva da Biosfera Terras do Miño. Tamén aprenderon as graves consecuencias que a contaminación atmosférica provoca no medio natural e que organismo se encarga de coidar as nosas augas. 

   Por último, visitaron a depuradora begontina, na que comprobaron de primeira man o proceso polo que pasa a auga dende que sae das nosas casas ata que volve ao río e viceversa. Toda esta investigación plasmouse nun mural para compartila coa nosa comunidade educativa.




Canto aprenderon!
Enhoraboa!




 
 

PDI "Faiuco e o coidado da hidrosfera"

 

   Nesta entrada, presentamos un resumo das actividades realizadas polo alumnado de 5º e 6º curso de EP en relación a noso Proxecto Documental Integrado. 




   Para conmemorar o Mes da Ciencia, na área de Lingua Galega, participaron nunha videoconferencia levada a cabo por Emilio Fernández Suárez, catedrático de Ecología da Universidade de Vigo. Esta conferencia levaba como título "Mergullámonos no océano do futuro". Posteriormente, o alumnado gravou un vídeo, resumo da información recollida na charla.




   Despois de visitar o Aquarium Finisterrae, centráronse na investigación da reprodución de animais mariños.






   Participaron no programa de Innovación Educativa de Intercambios Escolares EduExchanges, no cal levaron a cabo un proxecto común relacionado co coidado do Medio Ambiente co centro Alta Vista Public School de Otawa. O noso alumnado centrouse en investigar a nosa contorna, como as Lagoas de Riocaldo, o Pozo do Ollo, o río Ladra, así como a flora e fauna da zona.




   Co gallo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, investigaron a mulleres exploradoras mariñas como Petra Deimer Schutte e Cindy Lee Van Dover.




   Polo Día Mundial da Auga, indagaron curiosidades sobre este elemento e compartiron a información co resto do alumnado.




   Na Semana da Prensa participaron na edición do xornal A Voz do Corpiño. A súas noticias centráronse nas novas relacionadas coa auga como por exemplo, as inundacións sufridas no concello de Begonte durante este curso.




   Na área de Plástica, andan na procura de obras de arte que teñan que ver como fonte de inspiración a auga. Unha vez levado eo traballo escrito, levarán a cabo exposicións orais e individuais onde cada alumno e alumna explicará a información obtida. Tamén, nesta área, construíron acuarios con material de refugallo.




   No Polo Creativo están a desenvolvr un taller de construción de marionetas levado a cabo por un pai do noso centro e co obxectivo de facer unha dramatización (escrita por eles) co título do noso PDI "Faiuco e o coidado da hidrosfera".




Enhoraboa polo voso traballo!


  




mércores, 31 de maio de 2023

PDI "Faiuco e o coidado da hidrosfera"

   

   Presentamos unha relación das tarefas máis importantes realizadas ao longo do Proxecto Documental Integrado polo alumnado da aula mixta de 4º e 5º curso de EI.



   Aprenderon algunhas cousas sobre Sylvia Early, bióloga mariña, autora de numerosos documentais para National Geographic, que adicou parte da súa vida a estudar a situación dos océanos. Como remate deste tema, fixeron un mural no que toda a clase meteuse no mar vestidos de buzos. 

 



 

   Viron a película de Nemo como centro de interese e partida para aprender sobre os peixes.

 



   

   Fixeron un recanto onde con dous recipientes, un con auga e outro con area, simularon unha praia. As familias aportaron contos, crebacabezas...

   Modelouse con plastilina o esqueleto dos peixes, pegáronse gomets como se foran escamas.

 


 

   Rasgando papel crearon animais mariños. 

 



 

Canto traballaron e que ben o fixeron!



 

-         

-  

martes, 30 de maio de 2023

PDI "Faiuco e o coidado da hidrosfera"

 

   Presentamos unha relación das tarefas máis importantes realizadas ao longo do Proxecto Documental Integrado polo alumnado da aula mixta de 5º e 6º curso de EI.



   Elaboración de peixes empregando os plásticos reciclados que sobraron para a confeccionar os disfraces do entroido. 

 

 


   Lapbook con información de distintos animais mariños. Despois do visionado da película "Nemo", buscaron información sobre os animais que aparecen nela.

   En sesións posteriores, traballaron individualmente, clasificando as principais características de cada un e, como produto final, elaboraron por equipos un gran lapbook para compartir toda a información co resto do alumnado do cole.

 




   Creación dun recanto de aula con libros de información, contos e xogos relacionados co mundo mariño.

 



   Modelado de animais mariños con barro.

 


   Rasgado de papel para a creación de animais que viven na costa galega. Unha vez rasgados trozos de papel, pegáronos con cinta de carrocero para compoñer distintas especies mariñas. O resultado colgárono do teito da aula con fío transparente para crear unha atmósfera que dea a sensación de fondo mariño.

 



   Bestiario reggiano. Ilustraron os animais que aparecen no libro "Guía definitiva dos peixes de Galiza" para crear unha colección de tarxetas. 

 


   

   Medusas fosforecentes. A partir do libro "El gran libro del mar", coñeciron características sobre as medusas que resultaron moi sorpredentes para o alumnado, como que existen unhas medusas que brillan na escuridade. Unha vez observados os corpos destes animais, con pintura fosforecente, cada un pintou e docorou a súa.



   Todos uns expertos en animais mariños! 

   Investigaron, descubriron, moldearon, crearon e xogaron. Diversión e saberes asegurados! O produto final proximamente na exposición do PDI na Casiña de Faiuco.

                        

Enhoraboa!




luns, 29 de maio de 2023

PDI "Faiuco e o coidado da hidrosfera"

 

   Ao longo do curso, fomos traballando as distintas temáticas que entran no Proxecto Documental Integrado "Faiuco e o coidado da hidrosfera".




   Ao 1º e 2º curso, tocoulles os animais vertebrados,  a través de grupos colaborativos, investigaron e buscaron información en distintas fuentes, libros, internet... Tamén descubriron como coidalos e non contaminar as augas. 




   Organizaron la información en un lapbook e xunt@s elaboraron o mural de exposición para compartir todos os coñecementos adquiridos. Traballaron con gran dedicación e interese. 







   
   Para conmemorar o Día da auga, investigaron e experimentaron para descubrir o "Ciclo da auga" a través de actividades manipulativas. 



Clicade na imaxe!

     

   No mes da ciencia, investigaron a María Soledad Izquerdo López, bióloga española doctora en ciencias pesqueras. Organizaron a información obtida nun lapbook que compartiron no mural do corredor da biblioteca.




   Proximamente, no mes de xuño, expoñerán oralmente a todas as familias que visiten a exposición. 




 Sen dúbida un traballo en equipo!

Enhoraboa!