martes, 30 de maio de 2023

PDI "Faiuco e o coidado da hidrosfera"

 

   Presentamos unha relación das tarefas máis importantes realizadas ao longo do Proxecto Documental Integrado polo alumnado da aula mixta de 5º e 6º curso de EI.



   Elaboración de peixes empregando os plásticos reciclados que sobraron para a confeccionar os disfraces do entroido. 

 

 


   Lapbook con información de distintos animais mariños. Despois do visionado da película "Nemo", buscaron información sobre os animais que aparecen nela.

   En sesións posteriores, traballaron individualmente, clasificando as principais características de cada un e, como produto final, elaboraron por equipos un gran lapbook para compartir toda a información co resto do alumnado do cole.

 




   Creación dun recanto de aula con libros de información, contos e xogos relacionados co mundo mariño.

 



   Modelado de animais mariños con barro.

 


   Rasgado de papel para a creación de animais que viven na costa galega. Unha vez rasgados trozos de papel, pegáronos con cinta de carrocero para compoñer distintas especies mariñas. O resultado colgárono do teito da aula con fío transparente para crear unha atmósfera que dea a sensación de fondo mariño.

 



   Bestiario reggiano. Ilustraron os animais que aparecen no libro "Guía definitiva dos peixes de Galiza" para crear unha colección de tarxetas. 

 


   

   Medusas fosforecentes. A partir do libro "El gran libro del mar", coñeciron características sobre as medusas que resultaron moi sorpredentes para o alumnado, como que existen unhas medusas que brillan na escuridade. Unha vez observados os corpos destes animais, con pintura fosforecente, cada un pintou e docorou a súa.



   Todos uns expertos en animais mariños! 

   Investigaron, descubriron, moldearon, crearon e xogaron. Diversión e saberes asegurados! O produto final proximamente na exposición do PDI na Casiña de Faiuco.

                        

Enhoraboa!




Ningún comentario:

Publicar un comentario