domingo, 4 de xuño de 2023

PDI "Faiuco e o coidado da hidrosfera"

 

   Nesta entrada, presentamos un resumo das actividades realizadas polo alumnado de 5º e 6º curso de EP en relación a noso Proxecto Documental Integrado. 




   Para conmemorar o Mes da Ciencia, na área de Lingua Galega, participaron nunha videoconferencia levada a cabo por Emilio Fernández Suárez, catedrático de Ecología da Universidade de Vigo. Esta conferencia levaba como título "Mergullámonos no océano do futuro". Posteriormente, o alumnado gravou un vídeo, resumo da información recollida na charla.




   Despois de visitar o Aquarium Finisterrae, centráronse na investigación da reprodución de animais mariños.






   Participaron no programa de Innovación Educativa de Intercambios Escolares EduExchanges, no cal levaron a cabo un proxecto común relacionado co coidado do Medio Ambiente co centro Alta Vista Public School de Otawa. O noso alumnado centrouse en investigar a nosa contorna, como as Lagoas de Riocaldo, o Pozo do Ollo, o río Ladra, así como a flora e fauna da zona.




   Co gallo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, investigaron a mulleres exploradoras mariñas como Petra Deimer Schutte e Cindy Lee Van Dover.




   Polo Día Mundial da Auga, indagaron curiosidades sobre este elemento e compartiron a información co resto do alumnado.




   Na Semana da Prensa participaron na edición do xornal A Voz do Corpiño. A súas noticias centráronse nas novas relacionadas coa auga como por exemplo, as inundacións sufridas no concello de Begonte durante este curso.




   Na área de Plástica, andan na procura de obras de arte que teñan que ver como fonte de inspiración a auga. Unha vez levado eo traballo escrito, levarán a cabo exposicións orais e individuais onde cada alumno e alumna explicará a información obtida. Tamén, nesta área, construíron acuarios con material de refugallo.




   No Polo Creativo están a desenvolvr un taller de construción de marionetas levado a cabo por un pai do noso centro e co obxectivo de facer unha dramatización (escrita por eles) co título do noso PDI "Faiuco e o coidado da hidrosfera".




Enhoraboa polo voso traballo!


  




Ningún comentario:

Publicar un comentario