venres, 24 de febreiro de 2023

"Un entroido moi concienciado"

 

 O venres foi o gran día do ENTROIDO na nosa escola! Desfilou o alumnado, o profesorado e as familias nunha festa chea de cor e ledicia.

AS familias traballaron con esforzo e dedicación para facer as carrozas coa temática de cada grupo. 

Nós cumprimos co obxectivo previsto, transmitir a comunidade de Begonte, a nosa preocupación pola non contaminación das nosas augas e a necesidade de poñernos en marcha en prol da sustentabilidade de noso planeta. 

 Cada grupo identificábase cun animal acuático, peixes, estrela do mar, medusas...

Pero, cal é a realidade das augas do noso planeta? 

Descubriron que a gran maioría están contaminadas (refugallos, anacos de plásticos, produtos químicos...) e esa contaminación a sufren os animais de ríos e mares. Así poideron investigar e comprobar nas distintas tarefas que levaron a cabo nas aulas, adaptadas a cada grupo e nivel.

En liñas xerais, chegaron a conclusión que para evitar a contaminación das nosas augas debemos: 

Reducir o consumo de plásticos.

Reducir o uso de aceites e baterías.

Reducir o uso de químicos no fogar.

Consumir máis vegetais que produtos animais.

Consumir alimentos da agricultura ecolóxica.

Rexiclar, desechar correctamente os residuos.

 

 Para visibilizar esta problemática mundial, os nenos e nenas pegaron nos seus disfraces aqueles contaminantes que non debemos tirar nas augas.Toda a comunidade educativa uniouse a nosa proposta! 

 

 
 



 

Un entroido con conciencia ecolóxica!



Ningún comentario:

Publicar un comentario