O 1 de febreiro celébrase esta iniciativa cidadá para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia a través de distintas actividades. O fin é visibilizar o traballo das mulleres que se dedican ás áreas STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics), creando así, referentes femeninos que poidan contribuír á elección destas áreas como carreiras profesionais.
O alumnado do noso centro, investigou distintas científicas relacionadas co noso Proxecto Documental Integrado "Faiuco e o coidado da hidrosfera".
Os nenos e nenas de EI, convertéronse en buzos e paleontólogos despois de estudar as dúas mulleres científicas: Sylvia Earle, activista en defensa dos océanos, e Mary Anning, paleontóloga.
En 1º e 2º curso, investigaron a María Soledad Izquerdo López, bióloga española, doctora en ciencias pesqueras.
En 3º e 4º investigaron distintas científicas relacionadas co coidado da hidrosfera. e compartiron o seu traballo co resto do alumnado.
En 5º e 6º curso, andiveron a investigar "exploradoras mariñas" como Petra Deimer Schütte e Cindy Lee Van Dover.
Todos os traballos quedan expostos no corredor da biblioteca para a exposición de fin de curso.








Ningún comentario:
Publicar un comentario