venres, 3 de xuño de 2016

Día Internacional da Muller: mulleres astronautas!


O pasado 8 de marzo celebramos no cole o Día Internacional da Muller. Quixemos relacionar a conmemoración co Proxecto Documental Integrado deste ano descubrindo a grande valía das primeiras mulleres que viaxaron ao espazo.


Fixemos unha procura por internet na biblioteca e descubrimos que a maior parte das mulleres que viaxaron ao espazo son rusas e americanas. Puxemos en común moitos datos sobre algunhas delas, como Valentina Tereshkova (primeira muller en viaxar ao espazo) ou Svetlana Savitskaya (segunda muller en facelo).



A curiosidade dos nenos/as fixo que seguisen indagando na procura da primeira muller española en viaxar ao espazo. Pronto descubriron que só foron 2 homes os que emularon a Faiuco na súa aventura espacial, (Pedro Duque e Miguel Ángel López-Alegría).



Quen sabe se algunha das nosas intrépidas aventureiras do CEIP Virxe do Corpiño poderase convertir nun futuro na primeira muller galega e española en viaxar ao espazo exterior...

Ningún comentario:

Publicar un comentario