mércores, 25 de maio de 2016

Portadas espaciais!


Os nenos e nenas de Educación Infantil elaboraron un libro cunha recompilación dos traballos realizados ao longo do primeiro trimestre. Á hora de elaborar as súas portadas quixeron contribuir ao Proxecto Documental Integrado deste ano: Faiuco é astronauta.


Para iso, realizaron unha portada onde cada neno e nena, convertido nun verdadeiro astronauta, flota no espazo rodeado de estrelas feitas a man con pintura de dedos de cor amarela. Son todos uns artistas!








Ningún comentario:

Publicar un comentario