martes, 24 de maio de 2016

Construimos a nave espacial de Faiuco!


Seguimos enriquecendo o noso Proxecto Documental Integrado "Faiuco é astronauta" con novas investigacións. Os nenos e nenas de terceiro e cuarto curso de Primaria levamos a cabo a construcción dunha réplica autopropulsada da nave que está a empregar Faiuco na súa viaxe polo espazo.

Fixémolo cun sinxelo experimento, para o que empregamos un CD, un tapón de plástico, un globo e cola.




Ao igual que se propulsan os cohetes espaciais polo sistema solar, nós aprendimos que, grazas a forza do aire que introducimos no globo, as nosas naves tamén se moven. Enerxía limpa e 100% renovable para coidar o noso planeta!



Ningún comentario:

Publicar un comentario