Desde UNICEF Galicia,
lanzouse "Contaxio", un conto didáctico e emocional en galego dirixido
á infancia e a adolescencia de Galicia, pero tamén á poboación adulta.
Esta iniciativa xorde en
colaboración coa actriz e presentadora Lucía Regueiro, amiga de UNICEF Comité
Galicia e como resultado temos "Contaxio" , un conto colaborativo
creado por María Solar, Ledicia Costas e Fran Alonso, con ilustración de
Leandro Lamas e edición de Lucía Rodríguez.
A historia é unha viaxe
polo dicionario no que descubrimos como sente a palabra "contaxio" e
no que imos coñecendo a súa relación con outras palabras como
"medo", "inxustiza" ou "pobreza", pero tamén as
oportunidades que lle brindarán "vacina", "medicina" ou
"investigación".
Un amplo elenco de
actrices e actores de Galicia quixeron participar nesta iniciativa poñendo a
súa voz: Xúlio Abonjo, Miguel Canalejo, Monti Castiñeiras, Isabel Naveira,
Federico Pérez, Lucía Regueiro, Beatriz Serén e María Vázquez.
Máis información:
Ningún comentario:
Publicar un comentario