Hoxe celébrase o Dia da Discapacidade.
O lema deste ano é "Un día para todos", e quérese facer visible que a discapacidade forma parte da condición humana, xa que todos, nalgún momento das nosas vidas, podemos experimentar unha discapacidade temporal ou permanente;e a sociedade ten que estar preparada para iso.
No cole, preparáronse diferentes actividades para que nenos e nenas fosen conscientes das dificultades coas que se atopan no seu día a día as persoas que teñen algunha discapacidade física.
Queremos agradecer ao Centro de Saúde de Begonte a súa colaboración prestándonos dúas cadeiras de rodas;e a Lucía, unha nai, que nos trouxo outra.
O resultado desta experiencia podedes velo no vídeo seguinte:
Ningún comentario:
Publicar un comentario