sábado, 27 de xaneiro de 2024

Murmurio de contos

 Outro ano máis, os voluntari@s da biblioteca asumen o seu rol de padriños e madriñas lectoras.

O apadriñamento lector é unha iniciativa de animación á lectura pero ademais fomenta as relacións interpersoais do alumnado do noso centro. Sen esquecernos dos valores que se van adquirindo, como poden ser o  compromiso, a responsabilidade ou o traballo cooperativo.

Así pois, un ano máis a nosa escola goza das zonas de lectura compartida. Un espazo para mergullarse nas historias dos contos e establecer vínculos afectivos.

Velaquí a mostra, dádelle ao play.


Proximamente, repetimos!





Ningún comentario:

Publicar un comentario