Amosando publicacións coa etiqueta Bibliotecas Escolares Solidarias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bibliotecas Escolares Solidarias. Amosar todas as publicacións

domingo, 19 de decembro de 2021

Programa de Bibliotecas Escolares Solidarias -Voluntariado de Lectura - A


O noso centro foi seleccionado pola la Consellería de Educación para participar no programa bibliotecas escolares solidarias.

O PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares contempla entre os seus obxectivos para o período 2016-2020 o de "avanzar na consecución dunha biblioteca escolar inclusiva", así como o de "incentivar o uso das bibliotecas escolares por parte das comunidades educativas". 

O Voluntariado-A, ten por finalidade estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca escolar e a lectura, entre o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. 

Polo tanto, noso centro contará cun número de alumnado colaborador nas distintas tarefas da biblioteca: apadriñamentos e amadriñamentos lectores, formación de novos usuarios, actividades e propostas de animación á lectura, organización...

Esta iniciativa tivo moita aceptación entre os nenos e nenas! 


un novo camiño que faremos xunt@s con moita ilusión!