venres, 24 de marzo de 2023

O XORNAL COMO PROTAGONISTA

 




   Nesta semana, do 6 ao 10 de marzo, unha vez aberto o "Quiosco" da Casiña de Faiuco con prensa e revistas de distintos países e diferentes linguas, comenzaron as visitas. A Escola de Idiomas de Lugo, tamén achegou xornais noutras linguas.  





   No grupo de 3 e 4 anos, manipularon e observaron prensa, logo recortaron letras para poñer os seus nomes.

   No grupo de 4 e 5 anos, manipularon e observaron xornais e revistas de diferentes idiomas (diferenciando noticias en inglés, castelán e galego) e logo fixeron un mural.



   No grupo de 1º e 2º curso, traballaron o "pé de páxina" e descubriron a importancia da fotografía para ilustrar as noticias.






   No grupo de 3º e 4º curso, no ámbito da competencia emocional, traballaron o xornal en grupos colaborativos. Xurdiron temas como o feminismo, a contaminación, a intolerancia...






   No grupo de 5º e 6º curso, seleccionaron unha noticia que logo expuxeron aos seu compañeiros e compañeiras.

   Imprimiouse a nova edición de A VOZ DO CORPIÑO - O xornal de Faiuco - que o alumnado repartiu á salida do cole. 




Expuséronse os traballos no corcho.





Clicade na imaxe para ler o xornal



"Vídeo_resumo"  do traballado!




Ningún comentario:

Publicar un comentario