sábado, 9 de abril de 2022

8A Día Internacional do Pobo Xitano

 

O Día Internacional do Pobo Xitano conmemórase o 8 de abril. Esta data lembra o Primeiro Congreso Mundial romaní/xitano celebrado en Londres o 8 de abril de 1971 no que se instituíu a bandeira e o himno xitano.



A bandeira é verde e azul, simbolizando o ceo e o campo, cunha roda de carro vermella no centro, que simboliza o camiño desde a India e a liberdade. O himno xitano,  Gelem,  gelem (Andei, andei), foi composto por  Jarko  Jovanovic e lembra aos xitanos e xitanas vítimas do nazismo.




No 4º Congreso Internacional Xitano en  Serok, Polonia, designouse o 8 de abril como Día Internacional do Pobo Xitano en recordo daquel Congreso de Londres.

Desde hai uns anos a data do 8 de abril está a adquirir gran notoriedade, servindo de ocasión para distintas celebracións e comunicacións por parte de múltiples institucións nacionais e internacionais.

A Cerimonia do Río é unha destas celebracións que se realiza en moitas localidades. Nela as mulleres lanzan pétalos de flores nos ríos e os homes encenden velas en recordo dos seus antepasados.







Ningún comentario:

Publicar un comentario