domingo, 18 de decembro de 2022

"Educar a mirada"

  

Coa intención de "Educar a mirada" dende a linguaxe audiovisual, preténdese crear hábitos de observación, análise, comprensión e interpretación promovendo o pensamento crítico e diverxente, a empatía e o respeto aos distintos puntos de vista. 

Con estas premisas iniciamos na nosa biblioteca as xornadas de cine. 



  


Nesta primeira ocasión, en relación ao Proxecto Documental Integrado, o alumnado de Infantil y 1º ciclo de Educación Primaria viron a película "Buscando a Nemo". Os alumnos voluntarios de 5º e 6º, foron os encargados de recoller as entradas e ubicalos. 








Ningún comentario:

Publicar un comentario