Nesta semana, contamos coa visita de Valeriia e Sofiia, nai e filla refuxiadas ucranianas que atópanse acollidas na casa de María, a teacher do noso cole.
Contáronnos a súa experiencia no seu país. Unha realidade que nos toca a tod@s e que vemos diariamente nas noticias.
Valeriia contábanos na súa lingua natal, e María traducíanos.
Deixáronnos de agasallo, un lazo feito por elas coas cores da súa bandeira e un mural cun debuxo dun xirasol, símbolo ucraniano da paz, que cada curso personalizará para amosar o seu apoio na loita contra a guerra.
ЗА СВІТ У МИРІ!
Por un mundo en paz!
Moitísimas grazas
e boa viaxe de retorno!
Ningún comentario:
Publicar un comentario